O compromiso coa supervivencia infantil: Unha promesa renovada. Informe de progresos 2013 (Resumo Executivo)
O índice de mortalidade de nenos menores de 5 anos descendeu a case a metade dende 1990, de 90 mortes por cada 1.000 nacidos vivos a 46 por cada 1.000 en 2013. A cifra absoluta de mortes de nenos menores de 5 anos pasou de 12,7 millóns a 6,3 millóns, o que significa que se salvaron 17.000 vidas cada día.
Dende a posta en marcha da iniciativa Unha promesa renovada, en xuño de 2012, preto de 180 gobernos comprometéronse a redobrar esforzos para acelerar o descenso da cifra de mortes maternas, neonatais e infantís previbles.