O Estado Mundial da Infancia de 2014 en cifras: todos os nenos e nenas contan
Este informe subliña a importancia de contar con datos para lograr avances para os nenos, e de poñer de manifesto o acceso desigual a servizos básicos e a sistemas de protección, algo que dana as vidas de tantos nenos.
Dende que en 1989 se asinou a Convención sobre os Dereitos do Neno lográronse grandes progresos, ao igual que no avance dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de 2015.
Por exemplo, uns 90 millóns de nenos terían morto antes de cumprir os 5 anos se as taxas de mortalidade infantil se tivesen mantido nos niveis de 1990, pero sobreviviron grazas aos progresos feitos en vacinación ou saúde, entre outras ámbitos.