Pobreza infantil en perspectiva. Un panorama del bienestar infantil en los países ricos (Pobreza infantil en perspectiva. Un panorama do benestar infantil nos países ricos)

 

O estudo avalía e compara o benestar infantil en máis de 20 países baixo seis parámetros: benestar material, saúde e seguridade, benestar educativo, relacións interpersoais e familiares, conduta e asunción de riscos, e benestar subxectivo.

Dentro da serie de estudos sobre a realidade da infancia nos países industrializados do Centro Innocenti de Investigación de UNICEF, este informe aborda unha ampla análise da vida e o benestar dos nenos, nenas e adolescentes nestas nacións.

O seu obxectivo é promover a supervisión, permitir comparacións e estimular a discusión e o desenvolvemento de políticas que permitan mellorar a vida dos nenos, nenas e adolescentes.