Pobreza y exclusión entre niños urbanos (Pobreza e exclusión entre nenos nas cidades)
As cidades do mundo a miúdo son consideradas como centros privilexiados e de riqueza pero tamén acollen a centos de millóns de nenos para quen a pobreza e a exclusión son unha realidade cotiá.
Este boletín examina o potencial do bo goberno urbano fundamentado nos principios duns dereitos humanos que promovan un cambio positivo para e coa infancia. A clave para erradicar a pobreza urbana e a marxinación xace no desenvolvemento de cidades amigas da infancia onde os dereitos dos nenos sexan unha prioridade á hora de facer os orzamentos, planificar e asignar recursos e onde a voz da infancia informe estes procesos democráticos.
Este informe destaca a pobreza crónica e a marxinación á que se enfrontan os nenos e nenas destas urbes. As condicións en que se atopan moitas cidades do mundo son testemuño vivo do feito de que moitos nenos urbanos están lonxe de ser os cidadáns privilexiados que poderiamos imaxinar.
Con todo, existe un espazo para o optimismo. Este informe ofrece moitos exemplos de cidades e localidades onde as autoridades municipais aproveitaron a oportunidade de axudar aos nenos que viven na pobreza. Estes exemplos mostran que os problemas nas áreas urbanas non son insuperables.