Por unha recuperación con rostro humano. A infancia e as familias vulnerables no epicentro da crise global (folleto)
Os datos evidencian que a crise chamou á porta de moitos fogares do mundo, ocasionando graves privacións ás familias, incluídos os nenos.
Tras analizar as tendencias de emprego e salarios, o prezo dos alimentos e as medidas de austeridade en países de todo o mundo, UNICEF alerta de que, unha vez máis, os nenos e as familias máis vulnerables son os máis afectados pola actual crise económica global.