Progreso para a Infancia: Un informe sobre os adolescentes
Este informe pon de manifesto outras consecuencias alarmantes da repartición non equitativa dos beneficios do progreso entre o total de 1.200 millóns de adolescentes que viven no mundo.
"As desvantaxes ligadas á pobreza, a condición social, o xénero ou a minusvalidez impiden a millóns de adolescentes o cumprimento dos seus dereitos a unha educación de calidade, á saúde, a protección e a participación", dixo a Directora Executiva Adxunta de UNICEF, Geeta Rao Gupta.
Máis dun millón deles perden a vida cada ano, decenas de millóns están a quedar fóra dos sistemas de ensino e 127 millóns de mozos e adolescentes son analfabetos, segundo un novo informe de UNICEF.