Progreso para la Infancia: un balance sobre el agua y el saneamiento (Progreso para a Infancia: un balance sobre a auga e o saneamento)

Un balance sobre a auga e o saneamentoé o quinto informe da serie Progreso para a Infancia que publica UNICEF. O informe fai balance sobre os progresos e as dificultades coas que se atopa o mundo no seu esforzo por lograr estender o acceso á auga e o saneamento.o.

A auga non apta para o consumo e a falta de saneamento básico e unha hixiene adecuada contribúen a propagar as enfermidades que causan máis mortes de menores de cinco anos, como son as enfermidades diarreicas, a pneumonía e a desnutrición, e teñen implicacións sobre a asistencia á escola, sobre todo nas nenas.

Isto significa que lograr o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio 7 e as súas metas para 2015, que consiste en reducir á metade a porcentaxe da poboación que carece de acceso sustentable ao abastecemento de auga potable e o saneamento básico, é de vital importancia para a infancia e para mellorar a nutrición, a educación e a posición social da muller.

Progreso para a infancia: un balance sobre a auga e o saneamento informa sobre a situación dos progresos para alcanzar o ODM 7 e apunta os lugares que se atopan á zaga.ga.