Progreso para la Infancia: Un balance sobre la protección de la niñez (Progreso para a infancia: un balance sobre a protección da nenez)
Esta edición de Progreso para a Infancia, a oitava da serie dedicada a realizar un seguemento do progreso cara aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), é un compendio de datos que serve como unha especie de caderno de notas sobre as actividades mundiais e nacionais destinadas a protexer os dereitos dos nenos.
Xa pasaron dous decenios dende que fose aprobada a histórica Convención sobre os Dereitos do Neno. Con motivo da celebración este ano do seu 20º aniversario, esta edición de Progreso para a Infancia ofrece información crave sobre a protección dos nenos. Aínda que se lograron avances, cada neno que esté a sufrir debe ser un motivo de inspiración para actuar cunha maior urxencia, até que as proteccións que ofrece a Convención beneficien a todos os nenos e nenas en todas partes.