Report Card 12. Os nenos da recesión: o impacto da crise económica no benestar infantil nos países ricos
O informe Os nenos da recesión: o impacto da crise económica no benestar infantil nos países ricos (Report Card 12 de Innocenti, Centro de Investigacións de UNICEF) elabora un ranking de 41 países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) e a Unión Europea (UE) en función de canto creceron ou diminuíu os niveis de pobreza infantil dende 2008.
Tamén fai un seguimento da proporción de mozos de entre 15 e 24 anos de idade que nin traballan nin estudan nin reciben formación (taxa NEET).
O informe inclúe ademais datos do Instituto de Encuestas Gallup acerca da percepción da xente sobre a situación económica e as súas esperanzas de futuro dende que empezou a crise.
Este informe revela que 2,6 millóns de nenos pasaron a vivir por debaixo do albor da pobreza nos países desenvolvidos dende 2008, polo que o número total de nenos no mundo desenvolvido que viven na pobreza se eleva xa a 76,5 millóns.
En Grecia, en 2012, os ingresos medios dos fogares formados por familias con nenos afundíronse ata os niveis de 1998, o equivalente a unha perda de 14 anos de avances en canto a ingresos. Segundo este parámetro, Irlanda, Luxemburgo e España perderon unha década; Islandia 9 anos; e Italia, Hungría e Portugal 8 anos.