Small hand, heavy burden.
O conflito e a crise humanitaria en Sirya están a
provocar un aumento cada vez maior dos nenos que
son explotados no mercado laboral, segundo un novo
informe lanzado por Save the Children e UNICEF,
que manifesta que se debería facer moito máis para reverter esta
tendencia.
O informe mostra que en Sirya os nenos contribúen aoingreso familiar en máis de tres cuartas partes
dos fogares enquisados. En Xordania, preto da metade do total dos
nenos sirios refuxiados son actualmente o sustento da
familia nos fogares enquisados, individual ou
conxuntamente con outros membros da unidade familiar. Segundo se
informa, nenos de ata seis anos traballan nalgunhas zonas
de Líbano.
De todos os nenos que traballan, os máisvulnerables son aqueles involucrados enconflitos armados, explotación sexual e actividades
ilícitas que inclúen a mendicidade organizada e o tráfico
de nenos.
Os nenos estanse a converter en Sirya e en toda a rexión nosprincipais actores económicos. Ademais un número
crecente de nenos están empregados en condicións de traballo
daniñas, en risco de sufrir danos graves para a súa saúde e
benestar. De feito, tres de cada catro nenos que traballan,
enquisados no campo de refuxiados de Za'atari en
Xordania, informaron sobre problemas de saúde no
traballo.
Ademais, os nenos que traballan son máis propensos aabandonar a escola, o que se suma ao temor dunha
"xeración perdida" de nenos sirios.