Sobre acusaciones contra UNICEF

Ante estas informacións difamatorias UNICEF España declara:

Os valores do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, están firmemente asentados, por mandato da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN). En consecuencia, todo o traballo de UNICEF se rexe polos principios, o articulado e os protocolos da CDN así como polos Obxectivos acordados pola Comunidade Internacional para erradicar a pobreza: Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Fiel a este mandato, dende hai 65 anos a misión de UNICEF é traballar para que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de sobrevivir e desenvolverse plenamente. Atendendo a este mandato, UNICEF non apoia nin apoiou nunca a práctica do aborto e, en consecuencia, non destina fondos de ningún tipo a esta práctica en ningún lugar do mundo. Non o contemplou nunca nos seus sucesivos Plans Estratéxicos e, polo tanto, non o contempla nin nas súas actividades, nin nas súas estratexias, nin nos seus obxectivos, nin nos seus presupostos.

UNICEF está gobernada por unha Xunta Executiva na que están representados Gobernos de todo o mundo. As prioridades actuais definidas por esa Xunta Executiva son claras:
  

  • Promover a supervivencia e o desenvolvemento infantil a través de accións como a posta en marcha de servizos básicos de saúde, inmunización, nutrición, provisión de auga potable e saneamento; e traballando para que as nais reciban a atención necesaria durante o seu embarazo e o parto e o seu período de lactación, brindándolles apoio para que estean sas e poidan criar aos seus fillos en condicións que garantan o seu desenvolvemento.
  • Asegurar unha educación básica de calidade para nenos e nenas, poñendo especial énfase en que teñan igualdade de oportunidades para ir á escola, e en que tanto os nenos coma as nenas reciban o mesmo apoio e o mesmo estímulo para permanecer nas aulas.  
  • Previr o VIH/SIDA informando os mozos e as familias sobre as causas, consecuencias e medidas de prevención da enfermidade; e traballando na prevención da transmisión do VIH de nai-fillo e na atención e apoio necesarios para os 17 millóns de nenos que quedaron orfos a causa da SIDA.
  • Asegurar a protección da infancia fronte á explotación, a violencia e o abuso, traballando con múltiples aliados e apoiando os esforzos nacionais necesarios para crear un ámbito protector para a infancia.  
  • Promover políticas e alianzas en favor da infancia que propicien cambios lexislativos a favor do acceso da infancia aos seus dereitos e do fortalecemento dos sistemas de protección infantil.  

Atendendo a estas directrices definidas pola Xunta Executiva de UNICEF, UNICEF España quere insistir en que:  

  • UNICEF traballa polo ben de toda a infancia, sen distinción por razóns de sexo, raza ou relixión. Cando UNICEF advirte, por exemplo, de cuestións específicas sobre as nenas é porque están a ser afectadas particularmente. Por exemplo, UNICEF traballa para conseguir unha educación básica de calidade para a infancia, pero pon énfase especial en que as nenas vaian á escola porque son as que actualmente non van.
  • Os profesionais de UNICEF no terreo están suxeitos aos estritos procesos de selección do sistema de Nacións Unidas.
  • As contas anuais de UNICEF son públicas e están sometidas a varias auditorías cada ano.
  • UNICEF desenvolve o seu traballo con organizacións de todo o mundo, entre elas a Igrexa Católica. A estreita relación de UNICEF coa Igrexa Católica abrangue todo o mundo, pero é máis forte se cabe, en Latinoamérica e o Caribe, onde a Conferencia Episcopal ten un acordo permanente con UNICEF e, xuntos, traballan en defensa dos dereitos da infancia logrando excelentes resultados.  

Máis información

Sobre a Xunta Executiva de UNICEF:

http://www.unicef.org/spanish/about/execboard/index.html

Sobre UNICEF España e os seus órganos de Goberno:  

http://www.unicef.es/conoce/organizacion-interna

Sobre as prioridades de UNICEF:

http://www.unicef.org/spanish/whatwedo/index.html

Sobre o traballo de UNICEF:

http://www.unicef.org/spanish/whatwedo/index.html

Para consultar os resultados do traballo e informes anuais de UNICEF:

 http://www.unicef.org/publications/index_3770.html

Dirección de Comunicación de UNICEF España
Raquel Fernández, Directora
Email: raquel.fernandez@unicef.es    

Tlfo.- 91 378 85 99

Madrid, 4 de xaneiro de 2012. - UNICEF España lamenta as alegacións difamatorias que se lanzan con certa frecuencia contra esta organización a través dalgunhas canles online e de folletos imprimidos que recentemente se distribuíron nalgúns puntos de España.