Soños rotos: A perigosa viaxe dos nenos centroamericanos aos Estados Unidos

O fluxo dos nenos refuxiados e migrantes de Centroamérica que tratan de chegar aos Estados Unidos non mostra ningún sinal de deterse, a pesar dos perigos que entraña a viaxe e ao endurecemento das medidas de inmigración que se aplicaron despois de que se rexistrase un gran aumento nas cifras a mediados de 2014.
 
No primeiro semestre de 2016, case 26.000 nenos non acompañados e preto de 29.700 persoas que viaxaban en familia -a maioría mulleres cos seusfillos pequenos- foron detidos nafronteira dos Estados Unidos.
 
Unha gran cantidade destes mozos e familias procedía do Salvador, Guatemala e Honduras, onde se rexistran algunhas das taxas de homicidio máis altas do mundo.