Towards Universal Access
Este informe, o segundo dunha serie anual iniciada en 2007, foi realizado conxuntamente pola organización Mundial da Saúde (OMS), ONUSIDA e UNICEF.
O informe achega datos sobre a resposta mundial ao VIH do sector da saúde e revela logros impresionantes e retos aínda pendentes no logro dos obxectivos en materia de VIH/SIDA.
O informe tamén aborda o fortalecemento das tendencias cara á provisión de servizos específicos para mulleres e nenos. Cada vez máis nais teñen acceso á prevención da transmisión do VIH aos seus bebés durante o embarazo, o parto e a lactación; e cada vez máis nenos e nenas VIH positivos están a beneficiarse de programas de tratamento e coidados.
O informe subliña a necesidade urxente dun claro compromiso político, unha mellor coordinación e de investigacións adicionais para afrontar algúns dos retos pendentes.
Formato: PDF de 5,5 Mb. Só dispoñible en inglés
Máis información: www.unaids.org