Vulnerabilidade e Exclusión na Infancia
Este documento recolle os principais resultados do estudoAnálisis dos factores de exclusión social: Proposta dun sistema de información sobre a infancia en exclusión, impulsado por UNICEFComité Español e levado a cabo pola Universidade Pontificia de Comillas en 2013. Con iso preténdese, ante que ningunha outra cousa, impulsar a reflexión e o debate acerca da exclusión da infancia hoxe e dos instrumentos máis axeitados para a súa investigación e análise. Para impulsar este debate, o documento recolle propostas conceptuais e de análise sobre a exclusión social da infancia, cuxo propósito é, á súa vez, nutrir a reflexión sobre a necesidade, oportunidade e características dun futuro sistema de información temperá sobre a infancia en exclusión. Este documento pretende ser unha ferramenta aberta á reflexión e ao debate, que contribúa a definir a necesidade e os criterios cos que avanzar na construción dun sistema de información deste tipo, contando con achegas de distintos actores sociais, incluíndo os propios nenos e aqueles que están implicados nas políticas de infancia e adolescencia.