Bolivia: consolidando avances en saúde infantil e materna
Post de Ildefonso González, Responsable de Publicacións e Fotografía de UNICEF España
En Bolivia, as comunidades son cada vez máis conscientes dos seus dereitos, de que poden e deben reclamar, de que un mundo mellor é posible grazas á súa implicación e participación na toma e execución de decisións.
O traballo da
cooperación internacional, da man de organizacións comoUNICEF, e o proceso derecoñecemento histórico dos dereitos
indíxenas impulsado polo Goberno de Evo Morales, está empoderando non só á sociedade
civil de Bolivia, senón tamén ásinstitucións e os colectivos
profesionais.
Puidémolo comprobar nunha
recente viaxe a Loma Alta, unha comunidade
remota da Amazonía bolivianacuxa poboación votou para que as contas públicas prioricen a saúde
por enriba de calquera outro gasto do municipio. Unha das súas
vitorias foi non ter ningún caso de mortalidade materna en
catro anos, a pesar de que a desnutricióne enfermidades como a malaria, o dengue, a
leishmanise ou a diarrea presentan uns índices máis altos nesta
rexión que no resto do país.
En Loma Alta haidúas asociacións de mulleres moi activas. Crearon
un Club de Nais con 40 afiliadas e o día que
chegamos cóntannos a capacitación en dereitos que
recibiron de UNICEF e
nos entregan unha lista de peticións que inclúe
dende medicamentos como o glucantime(para o tratamento da leishmanise) ata material moi diverso como
unha camioneta, unha ambulancia, unha bomba de auga, equipamento
para o centro de saúde e formación para o seu persoal.
“A SAúDe é O PRIMORDIAL”
Déronnos unha infraestrutura e un equipamento excelente, e axudáronnos con cursos de actualización. Ucumasi está a aprender a valorar a vida, a que as nosas señoras coiden o seu bebé dende o ventre, e que non sexa un 'produto' máis para que lles axude, que non sexa como algo material que se nace vivo, ben, e se nace morto, ben tamén.Queremos que nos sigan axudando a construír o noso futuro".
o PEixe e A CAnA DE PESCAR
En Bolivia,UNICEF e outras organizacións aliadas están a contribuír, mediante o acompañamento e asesoramento ás autoridades; a formación e capacitación do persoal sanitario, e o empoderamiento das comunidades, a que o país constrúa un futuro. Un futuro sen barreiras no acceso á saúde como o que hoxe quere e polo que loita Julia Lurici para os seus fillos e veciños.