Burundi: sonos posibles

Por Raquel Fernández, directora de comunicación de UNICEF España.

 
Falar de sostibilidade, de desenvolvemento sostible, pode soar ás veces autopía, a sonos imposibles que nin nos atrevemos a intentar converter en realidade. Pero fanserealidade.

Uns días enBurundi e vin tantos exemplos de sostibilidade alcanzada...

É a forma na quetraballamos: detectamos as necesidades dos nenos, documentámolas, traballamos unplan co seu presuposto para corrixir a situación e poñémonos a falar co goberno para ver osproblemas, as súas solucións e como UNICEF podeaxudar a aplicalas custeando infraestruturas, equipamento, subministracións e formación de persoal especializado, e ofrecendo un seguimento constante para mellorar e que nada se pare.

O obxectivo final é que os propios sistemas do paísse apoderen das solucións para sempre. É a única forma de que esas solucións se apliquen a todos os nenos dun país.

O sistema de xustiza non diferencia nenos e adultos. A primeira consecuencia é que os nenos sentenciados van aomesmo cárcere que os maiores de idade, onde viven con carencias básicas esen educación ou un apoio de reinserción.

UNICEF traballou co goberno para cambiar isto e estao a conseguir.
 

BURUNDI: DOuS ExEMPLOS DE PROxECTOS SOSTIBLES

Corpos de seguridade, xuíces e outros axentes do sistema penal reciben formación en dereitos de infancia. Estase a formar a formadores para que o país teña para sempre a súa propia capacidade de manter o enfoque de dereitos de infancia cos nenos en conflito coa lei.

En Rumonge está en construción o primeirocentro de reeducación de menores, que acollerá os nenos que están no cárcere e lles ofrecerá (á parte de todo o necesario para cubrir as súas necesidades básicas) educación, talleres de formación, apoio psicosocial e un programa de reinserción no que se implicará ás súas familias e comunidades. O persoal destes centros recibirá unha formación especializada e serán funcionarios do sistema penal burundiano.Xa é un proxecto sostible.

O equipo deProtección da Infancia en Burundi traballa con comunidades creando consellos nos que os propios membros da comunidade (outeiro, como as chaman aquí) crean un sistema de aforro e microcréditopara investir en proxectos individuais e colectivos.

UNICEF préstalles apoio enformación e seguimentoconstantes. Nun ano adoitan ser autónomos porque grazas á aprendizaxe e a experiencia aplican un modelo de aforro que produce beneficios económicos e sociais: cobre as necesidades de nenos vulnerables, atende emerxencias de membros da comunidade e mellora servizos como ter luz na casa e un sistema autónomo de recarga enerxética -nun país no que menos dun 3% da poboación ten acceso ao sistema de enerxía eléctrica. Este modelo de aforro e beneficio social e económico é seu, cada comunidade auto-xestiónao e faino crecer. Xa é un proxecto sostible.

Só dous exemplos de sonos posibles. A sostibilidade existe.
 
Nos países dependentes da axuda internacional deixa de ser un sono imposible grazas aos socios e doadoresde organizacións como UNICEF, a gobernos de países con recursos que exercen a súa responsabilidade cos dereitos humanos e o desenvolvemento, e a cada unha das persoas e entidades que, no xeito que cada un quere e pode, apoia este traballo.

Grazas a vós, a vida abre ventás de futuro paranenos que viven en cárceres de adultos e familias que non teñen diñeiro para unha emerxencia dos seus fillos ou para ter unha luz que apague as contaminantes lamparitas de queroseno que producen infeccións respiratorias nos máis pequenos.