Crise de Sirya: calquera de nós
Por Najwa Mekki, post publicado en elmundo.es.
Unha e outra vez repítomo: isto poderíanos pasar a calquera de nós.
Os sirios que hoxe en día están encampos de refuxiados non tiñan unha vida moi distinta á que temos moitos de nós: levaban pola mañá aos seus fillos ao colexio en coche, tiñan os seus traballos, as súas afeccións, os nenos tiñan as súas mascotas.
Hoxe non teñen
nada. A guerra arrasou a súavida.
Hai uns días enZa'atari, o campo de
refuxiados que acolle máis de 120.000 sirios enXordania, coñecín dúas mulleres. Estabamos na
carpa onde os recén chegados se inscriben como refuxiados. Unha
delas ten 28 anos, estaba coa súa cuñada. Con eles tamén chegaran o
seu irmán e os fillos dunha delas.
Comezamos a falar. Eran
de Deraa, un pobo do sur de Sirya.
Dista tres horas de Xordania en coche pero eles tardarondez días en chegar camiñando,
moitas veces de noite. Estiveron na fronteira tres días sen durmir
e sen un teito baixo o cal abeirarse.
Toquei a cara dun dos
seus fillos, un bebé. Normalmente teñen a pel suave, pero este tiña
a pel dura, áspera. Mirei a man dunha das mulleres, estaban
brancas, cuarteadas pola deshidratación.
A historia desta familia
é unha máis dos dous millóns de dramas de refuxiados
sirios que tiveron que fuxir do seu país
en busca dun lugar temporal onde abeirarse, co sono de poder volver
algún día aos seus fogares, ás súas raíces, á súa terra.
Achégase un camión á
carpa de rexistro. Nel montaranse os membros desta familia e
levaraos a un prefabricado ou a unha tenda de campaña. O camión
carga uns colchóns que serán os que usen durante a súa nova vida enZa'atari.
CRISe DE SIRyA: VACiNAS e PROTECCIÓN PARA OS NenOS
Outro apoio fundamental para os pequenos que chegan despois de coñecer a violencia da guerra é a atención psicolóxica. Nos campos de refuxiados hai espazos amigos da infancia, lugares onde os nenos están protexidos, recibenatención psicolóxica e fan actividades lúdicas de recuperación do trauma. Son lugares excepcionalmente alegres dentro do campo.
Son testemuños visuais que reflicten o sufrimento que atravesaron, demasiado para a súa curta idade. Pero tamén unha ferramenta esperanzadora, pois sabemos que estas e outras técnicas lles axudan a superar o trauma, a ir recuperando pouco a pouco a súaestabilidade emocional de nenos neste lugar de tránsito.
Un lugar que non debería ser fogar para ningún neno.