Día Mundial da Alimentación: Que ceamos hoxe?

Post de Blanca Carazo, responsable de Cooperación e Emerxencias de UNICEF Comité Español.

 

 
Ensalada de tomate e filetes de polo? O puré de cabaciña e tortilla de queixo?

Ás veces decidir "que ceamos hoxe" cústame. Unha preocupación trivial e afortunada que, en realidade, non é tal. Eu podo elixir. Millóns de nais e pais en todo o mundo non teñen tanta sorte, e millóns de nenos e nenas no mundo non reciben a alimentación que necesitan.

NesteDía Mundial da Alimentación, queremos contar que hai moitas razóns para que isto cambie, e ningunha escusa válida para privar un neno das súas posibilidades de crecer e desenvolverse plenamente. E que cada vez máis voces e máis vontades se unen para proclamar que o mundo que queremos será un mundo no que todos os seres humanos, e en particular todos os nenos, vivan libres de privacións e gocen dodereito a unha vida libre da fame e a desnutrición.

Unha nutrición inadecuada durante os 1.000 primeiros días da vida dun neno e nena (dende o embarazo ata os 2 anos) pode carrexar danos permanentes. Actuar nese período é urxente, á vez que moi efectivo, para previr o atraso no crecemento asociado ádesnutrición crónica, que afecta a 162 millóns de nenos menores de cinco anos no mundo.

Trátase dunhaemerxencia silenciosa que frea de forma irreversible o seu desenvolvemento físico e intelectual. Son 162 millóns de nenos e nenas en risco de ser menos fortes, sans e intelixentes do que poderían chegar a ser e, polo tanto, máis vulnerables ás enfermidades e as crises e con menos oportunidades de labrarse un futuro mellor. A maioría deles (o 75%) encóntrase en África subsahariana e Asia, nas zonas rurais e nos fogares máis pobres, afectando aproximadamente á metade dos nenos en países como Timor-Leste, Burundi,Nixer ou Guatemala. Tremendamente inxusto, non?
 
Se Amir, Alphonse, Amina ou Antonio padecen desnutrición crónica, seránmáis propensos a poñerse enfermos, crecerán menos e custaralles máisaprender e completar a súa educación. Cando crezan e busquen emprego, estarán menos preparados e terán menos opcións para conseguir ingresos, o que minguará as súas posibilidades de saír da pobreza, co que tampouco poderán contribuír en todo o seu potencial ao desenvolvemento da súa comunidade e o seu país. Aínda máis grave, terán unha probabilidade maior de morrer antes de cumprir os cinco anos, xa que o 45% da mortalidade infantil está relacionada coas distintas formas dedesnutrición.

Amir, Alphonse, Amina, Antonio e o resto dos 162 millóns de nenos con desnutrición crónica merecen toda a nosa determinación e esforzo para cambiar esta situación. Para logralo,UNICEF, os gobernos, as familias, as comunidades e moitas organizacións e entidades implícanse para lograr para todas as familias:
  • O acceso seguro e alcanzable a unha alimentación variada, suficiente e apropiada para cada idade
  • A promoción de hábitos nutricionais protectores como a lactación materna exclusiva ata os 6 meses
  • Asistencia médica universal, que inclúa controis prenatais durante o embarazo, asistencia ao parto, control do neno san, inmunización...
  • Provisión de servizos axeitados de auga e saneamento, e hábitos de hixiene que preveñan episodios de diarreas que poñen en risco o estado nutricional dos nenos
  • Educación das nais e as nenas, xa que se comprobou que os fillos de nais con maior nivel educativo presentan menores taxas de desnutrición.
  • Redes comunitarias de axentes de saúdeque detecten casos de risco, orienten as familias e fomenten habilidades para o mellor coidado dos seus fillos.

OBxEcTIVO: REDUCIR A DESNUTRICIÓN CRÓNICA

Todos estes aspectos conforman un plan que funciona para reducir a desnutrición crónica. Un plan que funciona, de feito, para loitar contra a pobreza. Por iso en UNICEF defendemos que, na Axendapost-2015, que marcará as prioridades na loita contra a pobreza e polo desenvolvemento, un dos obxectivos concretos e medibles sexa a redución da desnutrición crónica de menores de cinco anos no mundo. Porque a desnutrición crónica perpetúa a pobreza, impedindo a millóns de nenos acceder a unha vida digna e erradicala implica dar un paso de xigante cara a ese mundo que queremos.

Sabemos como facelo e estámolo a facer: dende 1990 ata 2012 a cifra de nenos con atraso no crecemento, aínda que sempre escandalosa, baixou de 257 a 162 millóns de nenos. Países como Etiopia, Haití, Nepal, Perú ou Ruanda lideran o avance e iniciativas comoSUN (Scale Up Nutrition) ou o Reto Fame Ceroxuntan esforzos de gobernos, organizacións e persoas cara a un mundo onde a cea de todos os nenos estea garantida e todas as nais e pais poidan "preocuparse" de elixir entre varias opcións.

Por certo, xa decidín. Esta noite puré de cabaciña e filetes de polo.

Alerta por hambre: El tiempo se acaba. Ayúdalos.

Elige ahora tu aportación mensual.

Sabes que podes recuperar ata un 80% das túas achegas? Máis info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 074 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | socios@unicef.es