O Messi de Iemen

Non todo o mundo sabe que Lionel Messi, nado e criado no centro de Arxentina, sufría un atraso hormonal do crecemento cando era pequeno. Cando tiña 13 anos, mudouse a España para unirse ao FC Barcelona, que se fixo cargo do seu tratamento. Unha estrela nacía nese momento; o resto xa é historia. 

 

Hoxe gustaríame falarvos doutro fenómeno do fútbol: Rafik. Este mozo de 15 anos vive en Saná, a capital de Iemen. Hai 8 anos, Rafik estaba a xogar ao fútbol cando lle sorprendeu un bombardeo aéreo. Perdeu unha perna e ao seu mellor amigo. 
 
Pero a historia deRafik non se reduce aos terribles recordos daquel día. É unha historia de esperanza que demostra ata onde pode chegar a forza de vontade dos nenos como el, que agora vive nun colexio xunto a outras 40 familias que tiveron que deixar as súas casas pola guerra. Estes nenos demostran que o espírito humano nunca se dá por vencido. 
 
A determinación de Rafik para seguir xogando ao fútbol conseguiu reunir a un grupo de nenos na súa loita por sobrevivir ao conflito nun refuxio arrasado pola fame e adesesperación. Coa única perna que queda e as súas muletas, Rafik deu valor á veciñanza en tempo de caos. 
 

MILLóNS DE NenOS DE iEMEN ESTÁN EN PErIGO

Os nenos son das persoas máis vulnerables no conflito de Iemen. Ao redor de1,3 millóns están ameazados poladesnutrición aguda, entre eles, 300.000 corren risco de sufrir desnutrición grave.
 
Desde UNICEF rexistramos 1.900 casos de nenos que morreron ou sufriron amputacións por mor da guerra, que se intensificou en marzo de 2015. En total, 7,3 millóns de nenos necesitan protección. As violacións dos dereitos da infancia neste país son cada vez máis graves. 
 
Rafik é o heroe do barrio. Gañou moitos partidos co seu equipo, pasando e controlando o balón cos seus amigos no colexio de Saná no que se refuxian dos bombardeos. Corre maratóns, xoga ao fútbol e está preparado para ser o adestrador máis novo de Iemen.
 
E, como non,Messi é tamén o seu heroe e a súa inspiración.
 

1,8 MILLóNS DE NenOS EN iEMEN NOn VAN Ao COLExIO

Máis de 100 nenos viven nesterefuxio temporal. Os nenos adoitan gozar cospartidos de fútbol e as nenas prefiren facermanualidades, debuxar ou faceractuacións. A súa arte reflicte a realidade que lles tocou vivir, xa sexa a través dun cadro feito cos restos de cristal dun bombardeo ou un debuxo que mostra como a guerra cambiou a súa vida. Uns 1,8 millóns de nenos non van ao colexio desde marzo. 
 
Aínda que se reabriron14.500 escolas desde novembro, 1.500 permanecen pechadas debido á inseguridade, o que deixa a 383.000 nenos fóra de clase, sobre todo na rexión deSa'ada e Taiz. Uns 2,5 millóns de persoas tiveron que deixar as súas casas e buscar lugares máis seguros a causa do incesante conflito.

Hai pouca comida, case non hai auga e o lixo está espallada polas rúas de Saná. Osmedicamentos escasean e os hospitais apenas funcionan. Pero, a pesar dos obstáculos, Rafik e os seus amigos atoparon unha nova vida no fútbol.
Ao noso novo campión non lle importa o que outros pensen sobre a súadiscapacidade. Este tenaz adolescente négase a crer que as bombas e as balaspoden acabar co seu país ou coa súa esperanza na humanidade. Fai falta ter un gran corazón para conseguir o que consegue este mozo coas familias que lle rodean. El é o seu Messi e un símbolo do fútbol para os nenos desprazados que lles lembra tempos mellores e failles soñar cunmellor mañá.
 
De momento, apresúrase axogar outro partido antes de que regrese a crúa realidade e os sons da guerra obriguen aos nenos a porse a cuberto de novo. 
 
Post escrito por Rajat Madhok, UNICEF Iemen