Percorrendo os dereitos dos nenos en Honduras con Fredo Fox

En Honduras, a constante alusión á situación de violencia e ao medo é o día a día de millóns de hondureños. Neste ámbito, nenos, nenas e adolescentes van á escola e trazan liñas de paz. Queren pensar que a educación que reciben lles permitirá cruzar a fronteira do medo e ser libres.

 

Na Escola Perfecto HBobadilla, na colonia Chamelecón,trabállase a cultura de paz. Esta é unha comunidade especialmente afectada pola violencia, e na que os nenos corren o risco de ser recrutados por grupos criminais e outros grupos armados xuvenís.

Asomámonos a unha das clases que teñen neste colexio sobre educación para vivir en paz e convivencia cidadá. Profesores, pais e nenos séntense orgullosos de formar parte deste proxecto educativo porque cren na educación como ferramenta de cambio, deresolución pacífica de conflitos e depromoción da convivencia entre nenos, novos e adultos.

Nenos e novoS xornalistas entrevistan a Fredo Fox

En Villanueva, unha localidade de San Pedro Sula, coñecemos a LourdesBryanElder e Melisa. Forman parte da Rede de Comunicadores Infantís e Xuvenís, un movemento que chega a 64 municipios e conta con 104 redes de comunicadores infantís en funcionamento en toda Honduras.

A través das súas reportaxes, estes novos xornalistas contan historias de vida e noticias sobre cuestións de interese para os nenos e mozos, promovendo os seus dereitos a través da televisión local. Teñen moi claro o seu obxectivo: visibilizar e dar voz aos nenos e ás cuestións que lles afectan e lles importan.

Nesta ocasión, prepararon unha entrevista con 
Fredo Fox, un personaxe moi especial que nos acompañou na nosa visita aHonduras. Tiñan moitas preguntas...Querían aprender da súa experiencia fronte ás cámaras, por que o chaman o Super Axente Wash e por que chegou Fredo Fox dendeEspaña ata o seu país.

No programa de Auga e Saneamentona Moskitia puidemos coñecer como viven os nenos a educación dende que a auga e saneamento chegou ás súas escolas. Trátase dunha zona remota da selva hondureña, á que só se accede por vía aérea oumarítima.

Antes de contar con acceso a auga para consumo humano e latrinas, os nenos e nenas da Moskitia enfermábanse con
stantemente e non podían acudir con regularidade ao colexio. As nenas sentíanse avergonzadas durante a menstruación e non asistían durante varias semanas e mesmo abandonaban a escola.

Enrédate con Unicef: Un convenio coa AECID para a Educación en dereitos de infancia

Durante dúas semanas, acompañados polos compañeiros dUNICEF Honduras, percorremos o país para coñecer algúns dos programas que desenvolven en coordinación con actores como organizacións locais, comunidades, o goberno central e entidades locais como municipios econcellos.

Ao berro de "UbuntuUbuntu sempre hai que axudar, como me gusta a solidaridad!"… Fredo Fox convertía aos nenos e mozos en verdadeiros protagonistas. Contáronnos que pensan, como se senten, como participan e que lles gustaría que contásemos aos nenos en EspañaFredo tamén foi protagonista levando alegría, comprensión, empatía, cariño e sorrisos a moitos nenos. Tamén repartiu moitos abrazos!

Tras esta visita, produciremos unha serie educativa que, dende o programa 
Enrédate, estamos a desenvolver co obxectivo de visibilizar osdereitos dos nenos en diferentes partes do mundo, promovendo o exercicio destes e creando pontes para conseguir unhacidadanía consciente, informada esolidaria.

Post de Belén Andrade, equipo de Sensibilización e Políticas de Inf
ancia