Primeiras impresións dun traballador humanitario en Erbil
Por Chris Niles, UNICEF
A historia da cidade de Erbil é longa. A súa vida urbana empezou no ano 6.000 a.C, o que a converte nunha das cidades habitadas máis antigas da terra.
Foi gobernada polos medos, persas, gregos, romanos e otománs. O último capítulo na súa historia estao a escribir a veciña crise en Sirya.
O Kurdistán iraquí, do
que Erbil é capital, comparte unha
parte da súa fronteira con Sirya. Por ela están a entrar entre 500
e 1.000 sirios cada día. Agora mesmo hai 200.000 sirios en
Iraq, e calculamos que a final de ano serán
500.000.
O goberno curdo doou o 20
por cento do seu presuposto a esta crise. Grazas ao petróleo,Erbil é unha cidade con diñeiro. Nas
partes ricas da cidade, as casas son grandes e modernas, os coches
de último modelo circulan por unhas rúas ben coidadas, e as
boutiques e os centros comerciais están cheos de cousas caras. Os
iraquís veñen aquí de vacacións porque é un lugar
seguro.
é IMPOSIBLE IMAxINAR O QUE os sirios SUFRIrOn
Tratar de comprender a magnitude do que a xente sufriu é case como insultalos. Si, fai unha calor insoportable e hai po por todas as partes, pero podo volver ao complexo da ONU e darme unha ducha. Eu non perdín todo o que teño. Eu podo volver á casa.
O meu guía no campo deKawergosk, ao oeste de Erbil, foi o coordinador da emerxencia de UNICEF Jorge Caravotta.
Fomos a unha tenda na que dous nenos estaban tombados sobre un colchón. A nena parecía estar case en coma, cos ollos pechados e a boca aberta. As extremidades do neno tremían sen cesar e a nai calmáballe instintivamente.
Os nenos tiñan 9 e 10 anos, pero parecían moito máis novos porque estaban desnutridos.Jorge, que é médico, examinou os nenos.
Os pais describiron como eran as dores dos nenos, e Jorgepensou que probablemente sufrían epilepsia. A nai ensinounos fotos de cando os nenos eran pequenos. A comparación entre aqueles dous nenos resplandecentes e saudables da foto e os dous corpos sobre o colchón que nin sequera podían levantar a cabeza, foi desgarradora.
Os pais contáronnos que o seu médico en Sirya lles dixo que reducisen a dieta dos seus fillos a auga e galletas, e por iso estaban tan delgados. Os pequenos cóbados do neno eran o punto máis ancho do seu brazo.
POR QUe fACEMOS ESTE TRABAllO
Non estiven no campo moito tempo, pero estou alentado polas historias que me chegan de compañeiros como Jorge. Si,UNICEF está a subministrar miles de litros de auga, miles de toneladas de medicamentos e de material escolar. Ese é o gran dato. Pero os pequenos datos tamén contan. Axudar uns pais a que os seus fillos recuperen a saúde pode non parecer moi significativo en relación coa magnitude da emerxencia que está a sufrir a rexión, pero é importante á hora de recordarnos por que facemos este traballo.