A seca non perdoa a ninguén

Por Lorena Cobas, Responsable de Cooperación e Emerxencias de UNICEF España

Onte estiven a falar con Ezekiel,  o oficial de saúde aquí nos campamentos de Dadaab, Kenia. O seu labor é garantir que todos os nenos teñen acceso a tratamento sanitario e sabe que é fundamental que nos centremos na prevención para lograr a supervivencia.
 

O traballo nos campamentos de Dadaab é moi complexo. Hai que ter en conta que cada día chegan miles de refuxiados novos desde Somalia, onde haiepidemias de sarampelo e decólera.

"Se os refuxiados veñen con estas enfermidades e non facemos nada, teremos os mesmos brotes aquí en Dadaab", di Ezekiel. Por esta razón é fundamental facer un exame médico a todas as persoas que chegan ao campo, para tratalas canto antes. Ademais, a prevención é básica para evitar que se contaxien, xa que estas enfermidades son mortais nesta parte do mundo.

Mentres escoito a Ezekiel, non podo evitar pensar que os actores humanitarios aquí presentes están a enfrontar cada día un contexto moi difícil e cambiante, asituación é desesperada porque a seca non perdoa a ninguén.

En Dadaab xa  hai 7 casos de cólera, preocupación á que se une que unha das enfermidades que máis aumentou desde a emerxencia é a diarrea acuosa

aguda, que si non se trata correctamente pode chegar a convertirse en cólera.

Como resposta, UNICEF vai realizar nas seguintes semanas unha capacitación para persoal sanitario e para traballadores de saúde comunitarios na que se ensinará cales son as boas prácticas na prevención do cólera (por exemplo lavarse as mans en momentos críticos), e sobre todo, na identificación e o tratamento.
 

Outra das enfermidades que máis aumentou desde o principio da emerxencia é o sarampelo, por iso UNICEF apoiou unha campaña específica de vacinación contra esta enfermidade.  Estou segura de que con tantos esforzos UNICEF e os seus aliados van conseguir controlar  a epidemia.

En Dadaab fai falta un traballo moi intenso para garantir a saúde dos nenos, pero merece a pena o esforzo para lograr a supervivencia de centos de miles de persoas,  non creedes?