12 de novembro: Día Mundial contra a Pneumonía

Con motivo da conmemoración do cuarto Día Mundial contra a Pneumonía, hoxe 12 de novembro, expertos de todo o mundo e a Coalición Mundial contra a Pneumonía Infantil solicitaron maiores esforzos na loita contra a pneumonía infantil, que segue sendo a principal causa de morte de nenos menores de cinco anos. A pneumonía provocou 1,3 millóns de mortes de nenos en 2011, e foi responsable da morte de case un de cada cinco nenos.

"A pneumonía pode previrse e curarse. Non obstante, dende hai moito tempo é a principal causa de mortalidade infantil no mundo. Sabemos que facer, e logramos un avance importante, pero temos que facer máis. Debemos aumentar os tratamentos e asegurarnos de que chegan a todos os nenos que os necesitan", dixo o Secretario Xeral da ONU Ban Ki-moon, quen encabeza a iniciativa Cada Muller Cada Neno, un movemento que logrou destinar máis de 20.000 millóns de dólares (15.726 millóns de euros) a favor da saúde de mulleres e nenos, e cuxo obxectivo é salvar 16 millóns de vidas en 2015.Os investimentos realizados en prevención, tratamento e protección dos nenos contra a pneumonía contribuíron a diminuír de xeito significativo a mortalidade infantil durante a última década, pero o acceso a servizos sanitarios e tratamentos segue estando fóra do alcance de moitos nenos de países en desenvolvemento, onde se produce o 99 por cento das mortes por pneumonía. Segundo a Coalición Mundial contra a Pneumonía Infantil, os líderes e doadores deben priorizar os esforzos e os investimentos en intervencións de eficacia demostrada, como a subministración de vacinas e de tratamentos con antibióticos axeitados, así como a mellora do saneamento, a promoción de prácticas como a lactación materna exclusiva, o lavado frecuente de mans, a atención axeitada e o uso de aparatos destinados a limpar o aire contaminado do interior das casas. Varias destas intervencións tamén axudan a tratar a segunda causa de mortalidade infantil: a diarrea."

os antibióticos, clave para combater a pneumonía

Os antibióticos como a amoxicilina son un dos métodos máis sinxelos e baratos para combater a pneumonía. Non obstante, adminístranse antibióticos a menos de[]

un terzo dos nenos con síntomas de pneumonía, e só unha pequena minoría recibe a amoxicilina do xeito indicado para nenos pequenos: un comprimido que se disolve nunha cantidade moi pequena de líquido ou leite materno. Segundo a Comisión da ONUsobre subministracións vitais para mulleres e nenos, administrando amoxicilina en forma de pastillas solubles aos nenos que se encontran en risco de morte, poderíase evitar a morte de aproximadamente 1,56 millóns de nenos maiores de cinco anos. 

Segundo o Informe de Progreso da Pneumonía difundido hoxe polo Centro Internacional de Acceso a Vacinas (IVAC polas súas siglas en inglés) da Universidade Johns Hopkins, o 75 por cento de todas as mortes de nenos provocadas por pneumonía prodúcense en só 15 países, o que demostra o impacto que pode ter a concentración de esforzos. O informe tamén sinala que ningún destes países alcanzou o 90 por cento de cobertura de intervencións clave contra a pneumonía, como recomenda o Plan de Acción Global para a Prevención e Control da Pneumonía (GAPP polas súas siglas en inglés).

O plan GAPP, publicado en 2009 pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) sinalou que se poderían reducir dúas terceiras partes das mortes de nenos se se levasen a cabo tres intervencións en saúde infantil no 90% dos nenos do mundo: lactación materna, vacinación e atención axeitada, que inclúe a administración de antibióticos. Nos tres últimos anos, a Alianza GAVIapoiou máis de 20 países na introdución da vacina neumocócica conxugada, que evita a principal causa de pneumonía infantil. Se ben se produciron avances, na actualidade só 7 dos 15 países analizados no informe do IVAC teñen niveis de cobertura de vacinación situados no 80% ou por enriba. A cobertura referente á lactación materna ou o acceso a antibióticos é igualmente baixa na maioría dos países. 

 A clave para conseguir que as vacinas e os tratamentos cheguen aos nenos que máis os necesitan é facelos chegar a través dos traballadores sanitarios, xa que para moitos nenos son o primeiro, e a miúdo único, coidado sanitario que reciben. Non obstante, a OMS estima que actualmente hai un déficit de polo menos un millón de traballadores sanitarios de primeira liña, especialmente en África e algunhas zonas de Asia. Iniciativas como a campaña Cada Latexo Conta, deSave theChildren, está a chamar a atención sobre esta escaseza de profesionais, o que anima a atallar o problema. O cuarto Día Mundial da Pneumonía vai a conmemorar en case unha ducia de países, como Arxentina, Burkina Faso, Camerún, Costa de Marfil, Ghana, Haití, India, Nixeria, Filipinas, Estados Unidos e Zambia. En EUA, os monumentos históricos de 15 cidades van ser iluminados con luces azuis para concienciar sobre os efectos da pneumonía na infancia e para informar sobre como poden axudar os cidadáns. Algúns edificios participantes son o Edificio Wrigley(Chicago), as Torres Trump SoHo (Nova York) e o Centro Científico doPacifico (Seattle), entre outros. Para obter máis información sobre o Día Mundial da Pneumonía e as actividades previstas, visite www.worldpneumoniaday.org.  

Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?

Faite socio. Elixe agora a túa achega mensual

Sabes que podes recuperar ata un 80% das túas achegas? Máis info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Se prefires, contacta connosco no 900 907 074 de luns a venres de 9:00h a 21:00h e sábados de 11:00h a 17:00h | socios@unicef.es

12 de novembro: Día Mundial contra a Pneumonía