127 millóns de mozos e adolescentes non saben nin ler nin escribir
Durante os últimos 20 anos, os adolescentes beneficiáronse dos progresos conseguidos nos sistemas de educación e saúde pública. Non obstante, máis dun millón deles perden a vida cada ano e decenas de millóns están a quedar fóra dos sistemas de ensino. Aproximadamente 127 millóns de mozos e adolescentes non saben nin ler nin escribir en todo o mundo. Son datos do novo informe de UNICEF sobre adolescentes.
Segundo este
estudo , Un
informe sobre os adolescentes, África
subsahariana é o lugar máis difícil para vivir sendo adolescente. A
poboación adolescente da rexión segue crecendo e prevese que
concentre o maior número de adolescentes no mundo para 2050. Pero
só a metade dos nenos nesta rexión completa o ensino
primario e a taxa de emprego xuvenil é
baixa.
Tamén se poñen de manifesto outras consecuencias
alarmantes da repartición non equitativa dos beneficios do progreso
entre o total de 1.200 millóns de adolescentes que
viven no mundo. "As desvantaxes ligadas á pobreza, a condición
social, o xénero ou a minusvalidez impiden a millóns de
adolescentes o cumprimento dos seus dereitos a unha educación de
calidade, á saúde, a protección e a participación", dixo a
Directora Executiva Adxunta de UNICEF,Geeta Rao
Gupta.
CADA VEZ MÁiS EXPoSTOS á VIOLENCIA
O informe sinala a necesidade de aumentar o investimento en todos os aspectos da vida e o benestar dos adolescentes, mesmo na súa loita pola supervivencia. Cada ano 1,4 millóns de adolescentes morren a causa de accidentes de tráfico, complicacións no parto, suicidio, SIDA, violencia e outras causas. Nalgúns países de América Latina, morren máis adolescentes como resultado de homicidios que por accidentes de tráfico ou suicidios. En África, as complicacións no embarazo e o parto son a principal causa de morte de adolescentes entre 15 e 19 anos. Os nenos que chegan á adolescencia están cada vezmáis expostos á violencia. As adolescentes son particularmente vulnerables á violencia no matrimonio. Nunha enquisa realizada na República Democrática do Congo, o 70% das rapazas entre 15 e 19 anos que estaban casadasdeclararon ter sufrido violencia por parte da súa antiga parella ou do seu cónxuxe.
71 millóns de nenos non están na escola
A nivel mundial, o90% dos nenos en idade de asistir ao ensino primario están matriculados nas escolas primarias. Non obstante, a matriculación en ensino secundario segue sendo baixa, especialmente en África e Asia. Moitos alumnos en idade de cursar estudos de secundaria están en primaria. En África subsahariana danse os peores indicadores de educación secundaria de todas as rexións. Uns 71 millóns de nenos en idades de iniciar o ensino secundario non están na escola, e 127 millóns de mozos e adolescentes entre 15 e 24 anos son analfabetos, a gran maioría en Asia meridional e África subsahariana. O informe afirma que son necesarios esforzos significativos en materia de promoción, programas e políticas para facer realidade os dereitos de todos os adolescentes. A adolescencia é unha etapa crítica da vida na que un investimento correcto pode romper o ciclo da pobreza e conseguir beneficios sociais, económicos e políticos para os adolescentes, as súas comunidades e nacións.