30.000 nenos e adolescentes participan no Día Mundial da Auga con UNICEF en toda España
UNICEF España organiza por cuarto ano consecutivo as Carreiras da Auga, no marco da campaña de mobilización escolar Gotas para Níxer. Esta semana realizaranse carreiras solidarias en todo o país, nas que xa se inscribiron máis de 30.000 participantes.
Pepe Reina, porteiro da selección española de fútbol e do Liverpool F.C., quixo participar nesta iniciativa motivando aos máis pequenos e poñendo el tamén a súa gota. "Non é xusto que nenos e nenas non vaian á escola porque deben percorrer longos e perigosos camiños para levar auga á casa. Todo o mundo debería ter acceso á auga potable. A infancia de Níxer merece un presente e un futuro", dixo. Anímanos a todos a facer un pequeno esforzo: "Necesitamos que cada un achegue a súa gota".
Pocoyó tamén
está a colaborar con esta campaña, protagonizando dous anuncios nos que se anima os nenos a
aforrar auga e compartila. Estas pezas, que se enmarcan dentro da
colaboración que Zinkia Entertainmente UNICEF España desenvolven para
promover o coñecemento dos dereitos da infancia entre o público
infantil, estanse a emitir na
canle Clan
de TVE e na súa páxina
web.
Máis información en http://www.enredate.org/