5 razóns que explican por que segue habendo desnutrición infantil

Aínda que pareza incrible, aínda hoxe 17 millóns de nenos sofren desnutrición aguda grave. A falta de alimentos unida á aparición de enfermidades infecciosas segue estando detrás da morte de 8.000 nenos cada día.

A pesar dos avances, adesnutrición infantil continúa sendo unha das principais ameazas para a supervivencia, a saúde e ocrecemento de millóns de nenos, así como para oprogreso dos seus países.
 
Nun mundo no que se calcula que hai suficiente comida para que a poboación poida alimentarse de forma adecuada e no que, por primeira vez podemosacabar coa fame, por que segue habendodesnutrición infantil?

EN UNICEF loitaMOS contra a desnutrición INFANTIL

A loita contra a desnutrición é unha das nosas grandes áreas de traballo nos países en desenvolvemento. Estas son as 5 principais razóns que explican por que millóns de nenos seguen sufrindo desnutrición no século XXI.  

  1. A pobreza. Nos países menos desenvolvidos, a falta de acceso á auga potable e á atención médica son moi frecuentes. A ausencia de infraestruturas sanitarias favorece a aparición de enfermidades infecciosas que están moi relacionadas a desnutrición infantil.
  2. A desigualdade. Mentres a diferenza entre ricos e pobres siga aumentando, será moi difícil reducir os niveis dedesnutrición. Nas comunidades máis vulnerables, a probabilidade de que os nenos caian no círculo vicioso deenfermidade, desnutrición e pobreza multiplícase exponencialmente.
  3. A educación. O nivel educativo das nais inflúe directamente na posibilidade de que os seus fillos sufran desnutrición. A escola é o lugar onde se promoven hábitos alimenticios e hixiénicos saudables polo que, as nais que apenas asistiron a clase, non saben como protexer aos seus fillos.
  4. O cambio climático. O quecemento global está a incrementar a incidencia das secas e as inundacións na produción de alimentos. A maior parte estes fenómenos meteorolóxicos prodúcense en lugares xa de seu castigados nos que o acceso da poboación aos alimentos adoita ser moi precario.
  5. Os conflitos. As guerras e os conflitos armados impiden o acceso da poboación aos alimentos e acaban cos servizos sanitarios, o que favorece a aparición de emerxencias nutricionais. O conflito de Iemen provocou que máis de 1,7 millóns de nenos estean en risco de sufrir desnutrición. 

A DESNUTRICIÓN INFANTIL  PóDEse previr e tratar

Estas 5 razóns son complexas e a súa solución depende da vontade de todos. Por iso, desde UNICEF traballamos cos gobernos e asociedade civil de distintos países para loitar contra as principais causas da desnutrición. Acabar con ela é posible pero require que todos os esforzos vaian na mesma dirección.
 
A boa noticia é que, mentres se traballa para previla e eliminala, a desnutrición aguda, na súa forma máis grave, pódese tratar. Unhas semanas son suficientes para ver como un neno que sofre desnutrición empeza a recuperarse grazas ao tratamento conalimentos terapéuticos.
 
Queres axudarnos a salvar vidas? Colabora coa nosa campaña contra adesnutrición infantil. Agora non podemos parar!