Agora non podemos parar: informe sobre a cooperación española e por que debe continuar

A mortalidade infantil reduciuse un 47% entre 1990 e 2012: de 12,6 millóns de mortes anuais de nenos menores de cinco anos a 6,6 millóns. Ou o que é o mesmo, salvouse a vida duns 90 millóns de nenos, unha cantidade que equivale á poboación total de nenos menores de cinco anos que viven actualmente en toda a Unión Europea, Estados Unidos, Canadá, Rusia e toda América do Sur.

 

A Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) española contribuíua este logro, como demostran osestudos de investigación que UNICEF Comité Español realizou durante os últimos dous anos, e o noso país destacouse como un axente clave nacooperación internacional.

En Mauritania, Bolivia eMozambique, distintas intervencións nos ámbitos da nutrición, a saúde e a inmunizacióncontribuíron a mellorar asituación da infancia e areducir a eiva da mortalidade infantil.

Non obstante, as decisións derivadas da crise económica poderían poñer en perigo estes avances. Entre 2010 e 2012 aAOD españolacaeu un 67%, unrecorte moito maior que o realizado polos países do noso ámbito. E os Presupostos Xerais do Estado 2014 consideran unha nova redución daAOD do 6,5% respecto ao ano anterior, quedando nun 0,17% da Renda Nacional Bruta (RNB).

O reto é enorme:6,6 millóns de mortes de nenos por causas evitables en 2012 segue sendo unha realidade intolerable en pleno século XXI. Ademais, estamos moi lonxe de cumprir o compromiso dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). O custo de non os alcanzar mídese en vidas: entre 2015 e 2028 morrerán 35 millóns de nenos máis sobre o previsto.

Por primeira vez, a posibilidade de poñer fin á vergoña dapobreza está ao alcance da nosa xeración. Lograr este obxectivo esixirá niveis razoables de crecemento económico nas rexións máis vulnerables do planeta, pero tamén desenvolver mecanismos eficaces de redistribución global e nacional da riqueza que garantan o tipo de políticas dirixidas que tanto éxito demostraron ata agora.
 

RECOMENDACIóNS para reconstruir a axuda oficial ao desenvolvemento

No informe de UNICEF Comité EspañolAgora non podemos parar - Razóns para reconstruír a Cooperación Española, que serve para pechar acampaña da organización sobre aAOD, se analiza aevolución recente da axuda española e se presentan unha serie derecomendacións para reconstruírde xeito lento, pero eficaz, un sistema que se encontraseriamente ameazado.
  • Recuperar a capacidade presupostaria: non se pode esixir a España que contribúa á solidariedade internacional por enriba das súas posibilidades, pero a nosa cooperación debe aspirar a situarse no medio prazo no nivel xeral do conxunto da Unión Europea, que en 2012 roldou o 0,40% doPIB.
  • Converter o Plan Director no leme da axuda: débese ser fiel á concentración xeográfica prevista e concentrar os recursos dispoñibles en achegar valor engadido naqueles sectores nos que a Cooperación Española demostrou a súa fortaleza, como a saúde ou a seguridade alimentaria.
  • Realizar un esforzo para recuperar á sociedade: as Administracións deben establecer unha estratexia de comunicación pública sobre a importancia da axuda, o seu impacto e os beneficios que reporta aos intereses de España.
  • Ofrecer á cooperación un liderado político efectivo: a reivindicación do valor ético e práctico da axuda debe ser liderada polos seus propios responsables. Para iso, resulta esencial que a axuda ao desenvolvemento recupere o carácter de política de Estado.