Aprendendo de Tulin e Sulimán
Post publicado en El Periodico de Catalunya
Hai unha semana estaba no campo de refuxiados deDomiz, preto de Dohuk, no norte do Kurdistán iraquí. Pasei a mañá
nunha escola con nenos sirios que, ata hai uns meses, vivían na súa
casa e ían á súa escola. Pero a guerra cambiou o rumbo das
súas vidas, tiveron que fuxir, asustados e deixando todo
atrás. Hai unha semana contábanmo Tulin, de 9 anos, e a súa irmáNarin, de 19: «Un día unha bomba
explotou preto do colexio e a nosa nai dixo que nos tiñamos» que
«ir». Como elas, hai máis de 1,7 millóns de refuxiados
sirios que dependen da axuda humanitaria. Case a metade
son nenos.
En campos como o deDomiz teñen auga, comida, escola, vacinas, medicinas e algún espazo para xogar e facer deporte...Pero os campamentos están superando a súa capacidade e os servizos desbórdanse con rapidez. Domiz é un exemplo. Foi deseñado na primavera do ano pasado para acoller 15.000 persoas e, segundo me contan, a súa poboación xa se triplicou.
Por fortuna, os nenos son nenos en todas as partes, teñen unha gran capacidade de adaptación. Con saúde, o cariño da súa familia, escola e xogo, xa están a sorrir e pásano ben. É algo que aprendo deles nas miñas viaxes como embaixador de UNICEF, e puiden comprobalo hai unha semana, que estabamos a xogar a todo o que había arredor: balonmán, pimpón, fútbol, baloncesto... que alegría ver unhas canastras na escola dun campo de refuxiados. O deporte é unha gran ferramenta para o desenvolvemento dos nenos en xeral e, en particular, para a recuperación de nenos que viviron situacións tan dramáticas como, agora, os nenos sirios.
Foron testemuñas dunha violencia que non entenden e
fuxiron dos seus fogares cara a outros países. Moitos deles non
queren ir á escola do campo de refuxiados, porque queren a súa, á
que ían en Sirya... a botan de menos, dóelles.
No campamento teñen garantidos os servizos básicos, aínda que o ritmo de crecemento da poboación de refuxiados e a falta de recursos fan moi difícil chegar a todos, pero máis difícil é que a axuda chegue ás miles de familias que viven fóra dos campos en Dohuk. Non é doado saber onde están nin que necesitan. Fun á casa dunha destas familias, os Abdallah, que me contaron que decidiron irse cando destruíron a súa tenda. Sulimán, un dos cinco nenos da familia, díxome que quere que a guerra remate e que el e os seus irmáns poidan volver ao seu colexio.
UNICEF traballa sen descanso dende o inicio da guerra dentro e fóra de Sirya, conseguindo cousas como que millóns de familias teñan auga dentro do país, ou que os nenos nos campos de refuxiados teñan vacúas, medicinas e poidan ir á escola. E, sempre, destas viaxes volvo coa alegría de que se salvan vidas, protéxese os nenos e devólveselles á escola.
Volvo coa alegría de que o esforzo de todos xuntos sempre alcanza obxectivos incribles, pero hai moitos destes nenos que se quedan no camiño. As necesidades son tan grandes que as axencias humanitarias das Nacións Unidas fixeron o maior chamamento da súa historia. Hai máis de catro millóns de nenos afectados, dentro e fóra de Sirya. Hai unha semana coñecín algúns deles. Pregúntome cal será o seu futuro se se converten en adultos nun campo de refuxiados, que oportunidades de desenvolvemento terán aqueles aos que a axuda non está a chegar.
Non poden esquecérsenos eles, son nenos que sofren as terribles consecuencias dunha guerra.