Axuda refuxiados: as mortes no Mediterráneo ameazan tamén aos nenos

En UNICEF estamos moi preocupados polo número de refuxiados e migrantes que perderon a vida no Mediterráneo Central nos últimos días. Sospéitase que moitos deles eran mozos que viaxaban sós, sen a compañía de familiares.

 

O bo tempo adoita levar un aumento dos nenos migrantes que utilizan a ruta entre Libia e Italia. Por iso, en UNICEF xa estamos a traballar xunto ao Goberno italiano e outras organizacións para proporcionarlles apoio e protección.
 
A gran maioría dos nenos que cruzan por esta parte do Mediterráneo son adolescentes que viaxan sós. Moitos sufriron terriblesabusos, explotación e experiencias próximas á morte en cada punto do camiño. 

AxUDA REFUxIADOS: "NINGÚN NenO DEBERÍA SUFRIR NADA PARECIDO"

"As historias que algúns destes nenos contáronme son horribles. Ningún neno debería sufrir nada semellante. As súas vidas están en mans dos traficantes, aos que nos lles importa máis nada que o diñeiro que poidan sacarlles", di Marie-Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxiados e migrantes.
 
No que vai de ano, unha media de1.000 nenos cada mes chegaron sós áscostas italianas. Unha cifra que alcanzará o seu máximo nos próximos meses. Neste contexto, en UNICEF asinamos un acordo co Goberno italiano para realizar accións como:
  • Comprobar que as normas de acollida para nenos refuxiados e migrantes, especialmente para os que viaxan sós, están en liña coaConvención sobre os Dereitos do Neno. 
  • Facer un seguimento da situación dos nenos refuxiados e migrantes nos centros de recepción, de maneira especial nas rexións de Calabria, Campania e Sicilia, ao sur do país.
  • Facer un seguimento de todas as accións que busquen a integración de nenos refuxiados e migrantes na sociedade italiana.

AxUDA REFUxIADOS: NIn UN MINUTO MÁiS EN PErIGO

Os nenos que chegan ás costas italianas necesitan tempo para descansar erecuperarse. Tamén teñen que poder xogar e, sobre todo, estar protexidos contra calquera tipo deviolencia e explotación.
 
Desde UNICEF queremos que todos os nenos refuxiados e migrantes teñan o futuro que esperan ter cando emprenden unha viaxe tan perigosa. Estes nenos non deben pasar nin un minuto máis en perigo.