Cada vez que compres un billete en Iberia.com, poderás facer unha doazón a UNICEF

Iberia, UNICEF e Amadeus puxeron en marcha unha iniciativa mundial que permite aos clientes da aeroliña realizar microdonativos a UNICEF a través dunha plataforma tecnolóxica que se integra na web de iberia.com.
A compañía Iberia convértese con esta iniciativa na primeira en ofrecer aos seus clientes a posibilidade de realizar donativos a través deste programa cada vez que compren a través de Internet. Os clientes que adquiran o seu billete en www.iberia.com poderán doar dende 3 ata 20 euros, que se destinarán integramente a programas de UNICEF

Os fondos conseguidos con esta iniciativa serán destinados ao traballo deUNICEF para garantir aos nenos o seu principal dereito: a supervivencia. Para iso, a organización conta con programas e equipos estables especializados en saúde, auga, saneamento e nutrición en máis de 150 países en desenvolvemento.
 
"Esta alianza permitirá a millóns de viaxeiros axudar para que os nenos máis vulnerables do mundo teñan o mellor comezo de vida posible. Demasiadosnenos menores de 
5 anosmorren cada día por causas que debemos e podemos previr. Traballando xuntos poderemos asegurar que miles de nenos poidan crecer sans e desenvolver plenamente todo o seu potencial", sinalou Leila Pakkala, directora de alianzas deUNICEF.
 

A opción de doar aparecerá ao final do proceso, xusto antes de realizar a compra do billete. Nese momento, a web deIberia ofrecerá o cliente información sobre os proxectos concretos que UNICEF pode financiar grazas a esa axuda. Ademais,UNICEF enviará ao cliente un correo confirmando o donativo realizado e un certificado se o desexa.


Para Iberia é unha grande honra ser pioneiros nun proxecto que permite aos nosos clientes apoiar iniciativas que buscan mellorar as condicións de vida dos nenos en todo o mundo. Refórzase así o compromiso social de Iberia, que conta dende hai anos con ONGs creadas pola propia compañía para apoiar persoas minusválidas, axudar aos máis necesitados e transportar axuda humanitaria alí onde é necesario", destacou Luis Gallego, conselleiro delegado de Iberia.

 
A alianza entre Iberia,Amadeus e UNICEF é un claro exemplo de como se poden utilizar as novas tecnoloxías para axudar aos máis vulnerables.