Cadena Ser e Onda Cero únense a 'Cumpledías' en Castela-A Mancha

As emisoras de radio Cadena Ser e Onda Cero en Castela-A Mancha dedican este mes senllas semanas de contidos a UNICEF e a campaña contra a desnutrición infantil Cumpledías.

Do 10 ao 16 de decembro sucederanse os espazos dedicados ao traballo de UNICEF coa infancia máis vulnerable en máis de 150 países en desenvolvemento e as entrevistas con voceiros de UNICEF na programación local e rexional da Cadena Ser.

A semana seguinte,do 17 ao 23 de decembro, Onda Cero Castela-A Mancha fará o propio cunha Semana de UNICEF. As revistas Toledo, Albacete, Ciudad Real e Guadalajara na Onda, o programa de alcance rexional Aquí na Onda e os informativos locais e autonómicos darán cabida a contidos de UNICEF, que estarán acompañados pola emisión das cuñas de Cumpledías. A campaña estará apoiada polo chamamento dos presentadores de ambas as dúas emisoras.  

'CUMPLEDIAS'

Cumpledíasparte da base de que, a pesar de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos e a desenvolver todo o seu potencial, a desnutrición os pon nunha situación tan vulnerable que cumprir días é todo un reto e un gran logro a este tempo.  
 
Ata o momento  Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas. Calquera persoa pode participar na campaña enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028. Cada SMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros.