A campaña de ING Direct consegue 197.000 euros para a educación dos nenos

A campaña solidaria de ING DIRECT O monstro que non deixaba ir aos nenos ao colexio xa obtivo máis de 197.000 euros en doazóns a favor de UNICEF, que se destinarán á escolarización de miles de nenos que aínda non teñen acceso á educación en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil.

Esta cantidade, que inclúe 20.000 euros doados polo banco, logrouse grazas ao traballo e a dedicación dos profesionais que desenvolveron o proxecto e o investimento necesario para poñer en marcha a acción.


Aínda se pode contribuír á campaña a través da web www.elmonstruo.org, que xa recibiu máis de 129.171 visitas, e na que se pode ver a curtametraxe de animación interactiva en torno á que xira a acción.


O curto conta a historia dun monstro que impide aos nenos ir ao colexio, e que simboliza todos os problemas que existen no mundo que imposibilitan a escolarización de 61 millóns de nenos no mundo, como a pobreza, o traballo infantil e a discriminación de xénero.

 

fAi DESAPARECER o MONSTRO!

Nun momento da historia, o participante debe elixir entre catro finais posibles e enviar unha mensaxe dende o seu teléfono móbil co seu favorito. Os que queiran contribuír a esta acción poden facelo entrando na webwww.elmonstruo.orgUnha vez enviado e en tempo real, o internauta pode ver como continúa o curto co final seleccionado e o monstro é derrotado.

A campaña tamén se está a desenvolver a través das redes sociais, con accións que animan a participar aos usuarios de Facebook eTwitter -onde poden seguir ohashtag #elmonstruo-, e involucrar así o maior número de persoas posible.

"Os nosos clientes demostraron a súa xenerosidade, mesmo na difícil situación actual, cunha doazón media de máis de 50 euros por persoa, fronte aos 36 euros do ano pasado. Aqueles que o desexen aínda poden colaborar ", afirmou a Directora Xeral de Comunicación, Relacións Institucionais e Responsabilidade Corporativa de INGDIRECT España, Patricia Leiva.
 
 

ING APOiA A EDUCACIÓN DOS NenOS

Esta campaña que se inicio en Nadal enmárcase dentro do programa ING Chances forChildren, que o GrupoING e UNICEF veñen desenvolvendo conxuntamente nivel mundial dende o ano 2005. Este acordo de colaboración ten como obxectivo traballar polo dereito á educación de nenos en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil e, dende a súa posta en marcha, xa logrou a escolarización de máis de 700.000 nenos en situación de risco e explotación laboral, grazas á solidariedade dos clientes e ao traballo dos profesionais do Grupo ING.