Case 700.000 días doados contra a desnutrición

Miles de persoas, os Embaixadores de UNICEF España Ana Duato, Pau Gasol e Imanol Arias, e os cantantes Rosana e Huecco envorcáronse coa campaña Doa un día, cuxo obxectivo é combater a desnutrición infantil.

A eles sumáronse medios de comunicación, empresas e entidades deportivas, logrando alcanzar ata agora case 700.000 días doados en menos de dous meses, sobre todo a través do microsite www.dona1dia.com 

ROSANA e HUECCO EN ‘ATRAPA UN MILLÓN’

O concurso de Antena 3 Atrapa un millón,presentado por Carlos Sobera,uniuse esta semana á campaña Doa un día cun programa especial que contou coa colaboración de Rosana e Huecco. Os cantantes conseguiron35.000 euros, aos que hai que sumar a súa achega persoal de 1.000 euros cada un á campaña. Ademais o público tamén contribuíu, enviáronse 32.000 SMS, o que supón 32.000 días doados. Os fondos conseguidos nesta campaña van destinados aos programas de supervivencia infantil e loita contra a desnutrición queUNICEF desenvolve en máis de 150 países en todo o mundo. Case 200 millóns de nenos sofren desnutrición crónica no mundo en desenvolvemento. Nos dous primeiros anos de vida dun neno, a desnutrición pode producir danos físicos e mentais irreversibles.

Non obstante,pódese previr con medidas sinxelas e de baixo custo aplicadas nos  1.000 primeiros días dun neno. Cada día doado nesta campaña contribúe a un deses mil días.

Amigos e colaboradores de UNICEF comoPocoyó, José Manuel Calderón, David Bisbalou Fernando Romay, 50 medios de comunicación, máis de 80 empresas, mil salas de cine e máis de 20 entidades deportivastamén se uniron a UNICEF nesta campaña que xa conseguiu case 700.000 días doados.