Ciclón en Vanuatu: preto de 60.000 nenos necesitan asistencia inmediata tras o paso de Pam

" Ao redor de 60.000 nenos de Vanuatu están afectados", dixo Isabelle Austin, Representante adxunta de UNICEF Pacifico. "Estamos particularmente preocupados pola súa saúde, nutrición, seguridade, escolaridade e recuperación".

A tormenta de categoría 5 chegou a noite do venres e continuou ata as primeiras horas da mañá do sábado, deixando os nenos nunha situación de risco.

"Parecía coma se o mundo estivese a chegar ao seu fin", dixo Alice Clements, un dos membros do persoal de UNICEF que se encontraba na capital, Port Vila, cando golpeou a tormenta. "Os ventos eran incriblemente fortes, arrancaban teitos, destruían casas e prexudicaron hospitais e escolas. Son innumerables os fogares que foron sacudidos e hai comunidades quedáronse en ruínas".

O acceso ás instalacións de auga potable e saneamento viuse interrompido en moitos lugares en Vanuatu, mesmo nos centros de evacuación, o que leva consigo un maior risco de enfermidades transmitidas por augaUNICEF está a apoiar o Goberno e traballa con aliados para proporcionar colectores de auga, pastillas potabilizadoras, xabón e latrinas e instalacións sanitarias temporais.

UNICEF tamén está a avaliar os danos en infraestruturas e servizos clave. Numerosos xardíns de infancia e escolas primarias e secundarias foron danados polo ciclón, ou están a ser utilizados como centros de evacuación. Como resultado, polo menos 70.000 nenos en idade escolar viron interrompid
a a súa educación.
 
 

UNICEF está a ofrecer apoio a nenos e familias

UNICEF está a ofrecer apoio a nenos e familias nos centros de evacuación mediante servizos de protección da infancia, educación e saúde.

UNICEF tamén está a coordinar unha campaña de prevención contra o sarampelo en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Ministerio de Saúde de Vanuatu, dadas as baixas taxas de vacinación no país e un recente brote de sarampelo a principios de marzo. Os equipos de UNICEF están a restablecer as cámaras frigoríficas esenciais para as vacinas utilizando as reservas de combustible de emerxencia, co fin de que as vacinas, que salvan vidas, poidan ser destinadas aos nenos.

UNICEF tamén está a proporcionar asistencia ás comunidades de Tuvalu e as illas Salomón, que ta
mén se viron afectadas.
Podes colaborar nesta emerxencia, a través do noso Fondo de emerxencias.