A clave da educación en República Dominicana
Por Isabel Benlloch, Responsable de Programas de Cooperación e Emerxencias de UNICEF España
O pasado mes de setembro viaxei a República Dominicana para coñecer de preto os proxectos de educación que UNICEF está a levar a cabo co apoio de Orange. Durante 5 días, imbuínme nun país que queda lonxe do estereotipo de area branca, palmeiras e resorts: todo un baño de realidade en forma de pobreza e de falta de oportunidades.
Nada máis chegar a Santo Domingo, leváronme a unha das zonas marxinais da capital, a un barrio que se chama a Barquita e que me facía pensar nasfavelas de Brasil. A pobreza do barrio é extrema, o lixo e o olor ,permanente nas rúas. As casas feitas de anacos de metal amoréanse xunto ao río que, coas frecuentes tormentas, se desaborda e as inunda facendo queas familias teñan que fuxir, polo menos, durante un tempo. A escola do barrio xa ten 322 alumnos, queroldan os 7 e os 14 anos, máis idade da normal para a educación primaria, e que se distribúen en dúas quendas diarias, é dicir que as horas de clase dun neno ao día son entre 3 e 4. Quen pode alcanzar un bo nivel así? Deses alumnos, a porcentaxe dos que continuarán a educación secundaria é moi baixa, 48% para as nenas e 63% para os nenos, e se falamos dos que chegarán á universidade, a cifra baixa aínda máis, un 10 ou 15% segundo as profesoras. É inevitable preguntarse que futuro lles espera entón a estes nenos?Hai moito por facer neste país, contrariamente ao que un se imaxina. A clave é axudar os nenos dominicanos a construír o seu futuro, e iso, sen dúbida ningunha, empeza cunha educación de calidade para todos, que é xustamente o que estamos a traballar e para o que necesitamos a vosa axuda.
Máis información en http://www.construyesufuturoconorange.com