Combater a desnutrición en Darfur do Norte

Case o 32% dos nenos menores de 5 anos en Darfur do Norte, Sudán, sofre desnutrición crónica. A implicación da comunidade é fundamental para loitar contra a desnutrición infantil, tal e como explica Susan Lillicrap, Responsable de Nutrición de UNICEF en Sudán: "Traballamos cunha ampla variedade de aliados: líderes relixiosos, fakis e sogras, así como calquera que teña voz na sociedade,".  

Abu Badriya é sanador de El Fasher, un estado de Darfurdo Norte, e converteuse nun importante aliado na loita contra a desnutrición infantil.
Moitas persoas acoden a el en busca de axuda. Os pais levan os seus fillos a unha especie de curación tradicionaldenominada rugaya. Non obstante, Badriya sabe que en moitos casos, sobre todo naqueles que implican os nenos, tamén debe empregarse o tratamento médico convencional. Cando se enfronta a casos de desnutrición infantil, non vacila en remitir ás familias ao centro local de alimentación terapéutica, que conta co apoio de UNICEF.
  

a historia de Suleyman e Sami

Así fixo Badriya cando viu os fillos de Mahasin Ali, que viñan de Libia: Suleyman (3 anos) e Sami (1 ano). Aínda que os nenos estabanvisiblemente desnutridos, o hospital Del fasher non os admitira. Pensaban que o que necesitaban era tempo para adaptarse aos cambios de ambiente e alimentación. Unha enfermeira suxeriu os rezos dun faki para adaptar os nenos á súa nova vida enDarfur. En cambio, cando Badriya viu os nenos soubo inmediatamente que necesitaban un tratamento urxente: "Podía ver o débil e delgados que estaban", recordou. "Decateime se non se lles trataba urxentemente" de que as súas vidas estaban en perigo.

Tan pronto como chegaron ao centro de alimentación terapéutica, os nenos foron admitidos e tratados cunha fórmula de leite de doada dixestión. Posteriormente, tratóuselles con alimento terapéutico listo para usar. En tan só catro días, a saúde de Suleyman e Samimellorou espectacularmente. "Garantir un comezo san na vida para todos os nenos pode romper o ciclo da pobreza. E as persoas como Abu Badriya axúdannos precisamente a logralo, afirmouSusan Lillicrap. "Canto antes se atenda ao neno, mellores son os resultados. E nun lugar afectado dende hai moito tempo por un conflito como éDarfur, un día de atraso podería ser demasiado tarde, engadiu.