Combater a desnutrición en Paquistán
Mohammad Ali vive nun pequeno pobo aos arredores de Jamshoro, na provincia paquistaní de Sindh. Con tan só dous anos, tívose que enfrontar á dura batalla pola supervivencia tras sufrir graves problemas de saúde provocados pola desnutrición aguda grave.
A comezos de setembro deste ano, as chuvias monzónicas destruíron gran parte da casa de Mohammad e o seu pobo, obrigando a súa familia de dez membros a abandonar as súas poucas posesións. As colleitas quedaron destruídas e a auga potable a escasear, eMohammad, o máis pequeno dos 8 irmáns, comezou a perder peso. Foi admitido rapidamente no hospital deJamshoro e diagnosticáronlledesnutrición aguda grave e unha infección diarreica letal. "Cando ingresamos a Mohammad, só pesaba sete quilos e tiña tan mala saúde que non estabamos seguros da súa supervivencia", dixo Zulifar, do hospital de Jamshoro. Despois dunha semana no hospital con medicamentos e tratamento terapéutico proporcionado por UNICEF, a saúde de Mohammad Ali mellorou moito e o seu peso aumentou. Agora está a ser tratado no Programa Ambulatorio Terapéutico onde se lle realiza unha revisión semanal e se lle proporciona alimentación terapéutica.
Mohammad volveu á súa casa xunto á súa familia recentemente. Os seus sete irmáns sofren as consecuencias dunha mala nutrición, como problemas na pel e infeccións respiratorias.Noor, a súa nai, móstrase optimista, a pesar das dificultades. "Sobre todo, estou feliz que Mohammad non estea en perigo". "Espero que poida ter acceso á educación e converterse en doutor un día, así poderá axudar aos nenos que se encontren nesta situación".
Batalla por sobrevivir
Casos como o deMohammad son moi comúns en gran parte de Sindh, onde as recentes chuviasmonzónicas complicaron unha xa precaria situación nutricional para moitas das 5,4 millóns de persoas afectadas, a metade deles nenos. As inundacións devastaron casas, negocios e gando, destruíndo os medios de vida e socavando a seguridade alimentaria. Asfamilias quedaron sen traballo e sen terras para cultivar as súas colleitas, polo cal son incapaces de proporcionar unha alimentación axeitada para os seus fillos. Esta terrible emerxencia complicou aínda máis a pobreza xeneralizada na rexión, que estaba a intentar recuperarse das perdas provocadas polas inundacións de 2010. E agravou aínda máis os xa altos niveis de desnutrición crónica creando un dobre desastre.
niveis de desnutrición críticos
Os resultados dunha enquisa de nutrición levada a cabo este ano antes das inundacións afirman que o 58% dos fogares en Paquistán sofreninseguridade
alimentaria.Case un terzo dos nenos en todo o país sofre baixo peso, e esta situación é aínda peor para os nenos que viven en áreas rurais. A taxa de desnutrición aguda (15,1%) estaba nun nivel crítico e a de desnutrición aguda grave (5,8%) alcanzou uns niveis moi elevados.UNICEF e os seus aliados están a proporcionar subministracións que salvan vidas nas áreas afectadas de Sindh, incluíndo a provisión de alimentación terapéutica e medicamentos para o tratamento da desnutrición.UNICEF está a apoiar 59 novos Programas Terapéuticos Ambulatorios, os cales proporcionan servizos de nutrición nos distritos severamente afectados. Estes novos centros súmanse aos 454 xa operativos en Sindh como resposta ás inundacións de 2010. Máis de 30.000 nenos que sofren desnutrición grave e moderada rexistráronse para recibir apoio nutricional.
Ademais, máis de10.800 mulleres embarazadas e lactantes que sofren desnutrición rexistráronse para os programas de alimentación suplementaria e centos de miles reciben formación sobre a importancia da lactación materna exclusiva. Como parte do Plan de Resposta Rápida de UNICEF para as Inundacións de Paquistán de 2011, UNICEF necesita 50,3 millóns de dólares para cubrir as necesidades inmediatas dos nenos e as mulleres durante seis meses, incluíndo o apoio a programas de nutrición.