A Comisión Europea axuda a UNICEF a loitar contra a cólera en Níxer
A Oficina de Axuda Humanitaria e Protección Civil da Comisión Europea (ECHO) poñerá 600.000 euros a disposición de UNICEF para a resposta de emerxencia ao brote de cólera en Níxer.
A contribución de ECHO permitirá a UNICEF e os seus aliados proporcionar medicamentos e pastillas parapotabilizar a auga ás comunidades afectadas,educar as familias sobre boas prácticas dehixiene, garantir arehabilitación de puntos de auga edesinfectar as casas contaminadas e lugares públicos.UNICEF traballa en estreita colaboración coa Organización Mundial da Saúde(OMS) para apoiar o Goberno de Níxer na loita contra a cólera. Dende xaneiro, as rexións de Dosso,Maradi, Niamey, Tahoua eTillabery víronse afectados pola cólera. Ata o momento rexistráronse 3.854 casos, 2,5 veces máis que o ano pasado durante o mesmo período, emorreron 83 persoas. Actualmente, os brotes de cólera seguen activos en tres distritos das rexións de Tillaberi e Tahoua. "A emerxencia de cólera en Níxer representa un problema engadido á grave crise alimentaria e nutricional que hai actualmente noSahel. Debemos intensificar os nosos esforzos para previr a propagación desta enfermidade. A contribución de ECHO prodúcese nun momento crítico, porque estamos no medio da tempada de chuvias.As chuvias e inundacións axudan a que a enfermidade se propague máis rapidamente. O número total de casos está a aumentar", afirmou Guido Cornale, Representante de UNICEF en Níxer.