A crise alimentaria no Sahel pon en risco os nenos
Bassira, de catro anos, está tombada na súa cama do hospital, inmóbil, mentres a alimentan con leite terapéutico a través dun tubo para tratar a desnutrición grave que padece.
A súa nai tróuxoa a este centro de estabilización aos arredores de Maradi, preto da fronteira con Nixeria, cando Bassira entrou en coma despois de contraer malaria, complicando así o seu débil estado nutricional. Isto aconteceu hai 12 días.Bassira saíu da coma e, a pesar de que segue moi débil como para comer, pouco a pouco vai recuperando forzas. O seu médico e as traballadoras de saúde de FORSANI, unha ONG local que apoia tecnicamente o persoal de saúde, cren que se recuperará totalmente. Lamentablemente, Bassira é un presaxio do que queda por vir. A seca, as malas colleitas e o aumento no prezo dos alimentos en todas as zonas da rexión doSahel, no oeste e centro de África, deixaron un millón de nenos enfrontándose a unhasevera crise alimentaria. Os expertos de Nacións Unidas prevén que esta situación empeore nos próximos meses.
o 35% da poboación de Níxer baixo inseguridade alimentaria
En Níxer, un país que afrontou crises similares en 2005 e 2010, a colleita deste ano só achegará o 14 por cento das necesidades anuais que teñen as familias no país. Polo menos 5,4 millóns de persoas, das que máis da metade son nenos, están actualmente baixo inseguridade alimentaria, o que representa o 35% da poboación. Xa Níxer rexistraba de xeito crónico altas taxas de desnutrición, polo que esta situación deinseguridade alimentaria pon en grave risco a gran parte da poboación. Isto é particularmente preocupante para os nenos, especialmente os menores de cinco anos.UNICEF e os seus aliados en Níxer calculan que máis de 393.000 nenos terán que ser tratados de desnutrición aguda grave no transcurso do ano. A desnutrición tamén deixa os nenos en maior risco de contraer enfermidades como a diarrea, infeccións cutáneas e respiratorias.
Alza do prezo dos alimentos en Níxer
A diminución da produción en Níxer e o conseguinte incremento na demanda de alimentos básicos provocou a alza de prezos, poñendo miles de
familias en maior risco.Por exemplo, un saco de 100 quilos de millo custa agora máis do dobre do prezo normal de mercado, mentres que os prezos do feixón subiron máis dun 60 por cento. Segundo os comerciantes no mercado de Maradi, estes prezos son tan altos como o foron en xuño de 2010 - o pico da crise alimentaria dese ano.
Nun país onde o59,5 por cento da poboación vive por debaixo do albor da pobreza, as implicacións disto non poderían ser máis desvastadoras. As familias que non poden cultivar alimentos abondo para satisfacer as súas necesidades, tampouco poden comprar os alimentos necesarios para compensar o déficit.
Balkissa Heloura, que vive no pobo de Wama, na rexión Tillabery de Níxer, explica que moitas familias, como a súa, están a comer doula e anza, as plantas locais para sobrevivir. Nai solteira de trinta anos e con tres fillos, explica: "Esta é a primeira vez na miña vida que tivemos que comer doula tan pronto no ano e os meus fillos seguen pedíndome algo máis, calquera outra cousa. . . pero non hai nada. Nunca vin unha situación tan grave, nin en 2005 nin en 2010,".
Sani Sayadi, Especialista en Nutrición deUNICEF, está de acordo en que, "cando a xente recorre á doula ou aanza, é un sinal de desespero e un indicador moi malo da situación total da seguridade alimentaria".
Resposta urxente en Níxer
Tras a última crise en 2010, o Goberno de Níxer, co apoio de UNICEF e os seus aliados, priorizaron o fortalecemento da capacidade do sistema de saúde do país. Por esta razón, Níxer está agora mellor preparado para facer fronte aos desafíos actuais, incluíndo un aumento significativo no número de casos de desnutrición.
Níxer pode deter esta crise antes de que se converta nun desastre, sempre e cando se provea de fondos críticos e as subministracións estean dispoñibles. Actualmente, UNICEF está a ampliar a capacidade dos centros de alimentación terapéutica para o tratamento da desnutrición aguda grave, e está a subministrar aproximadamente o 95 por cento das subministracións e equipos necesarios para o tratamento de nenos con desnutrición aguda grave en 50 hospitais do país.
UNICEF tamén está a aumentar o acceso a auga potable e saneamento para evitar a propagación de enfermidades; a prestación de asistencia ás mulleres e os nenos emigrantes; e o apoio a un programa baseado na comunidade para mellorar a hixiene básica, a saúde e as prácticas de nutrición para nais e os seus fillos.