Crise de Sirya: Cumana vive cunha cicatriz de guerra
Post de Ayberk Yurtsever, UNICEF Turquía.
O conflito en Sirya está a deixar unhapegada irreparable nos nenos, obrigados a refuxiarse nos países veciños ou atrapados en cidades e pobos asediados.Cumana é un deses nenos. Unha nena que, con só oito anos de idade, xa viviu o sufrimento na súa propia pel: a cicatriz debaixo do seu ollo esquerdo é un recordatorio da metrallaque lle alcanzou durante os combates en Jarabulus, a súa cidade natal. Cando o preguntan ao respecto, con valentía, Cumana asegura: "Teño a sorte denon ter perdido o ollo".Cumana, a súa nai e os seus seis irmáns fuxiron de Sirya e agora viven nunha choza improvisada en Ankara, a capital de Turquía. O seu pai morreu no conflito. Debido aos combates, Cumana non puido ir á escola en Sirya. E agora, ao igual que os demais membros da súa familia, axuda ao sustento familiar mediante arecollida de residuos de papel. Grazas a esta tarefa, Cumaná consegue uns 3 euros ao día. De maior gustaríalle ser médico porque nunca se lle esquecen os que a curaron cando estaba ferida. Ao final do día, divírtese xunto á súa irmá con cadernos para colorear doados por UNICEF.
familias REFUxIADAS en turquía
A familia de Cumana non é a única. Outras cinco familias sirias fixaron a súa residencia na mesma zona.
Durante anos, o Valle Dikmenfoi un asentamento de ocupantes ilegais, pero foise modernizando e agora é un distrito acomodado. A maior parte das antigas casas dosbarrios marxinais foron demolidas, pero as que aínda están en pé convertéronse en vivendas, unha vez máis,para as familias que foxen deSirya. Estímase que uns 600.000 sirios están a tratar de sobrevivir en pobos e cidades de Turquía, ademais dos máis de200.000 que viven encampamentos. Os afortunados que encontran un emprego fano nos traballos máis duros e peor pagados. É unha vida difícil, especialmente para unha nena de oito anos que soña con converterse en médico.
CRISe DE SIRyA: EDUCACIÓN INTERRUMPIDA
Case 3 millóns de nenos deSirya dende 2011 víronse obrigados aabandonar os seus estudos. As causas son múltiples: en moitos casos os enfrontamentos destruíron as súas aulas, noutros os nenos teñen medo de ir a escola ou simplemente as familias fuxiron do país. Nos países veciños, os diferentes idiomas e dialectos, os distintos plans de estudo, os limitados ou inexistentes espazos de aprendizaxe, a inseguridade, apobreza e as tensións da comunidade están a separar os nenos das escolas.UNICEF está a traballar para reverter a situación mediante unha serie deaccións:
- Duplicar o investimento internacionalnos sistemas educativos dos países de acollida para ampliar e mellorar os espazos de aprendizaxe, contratar máis mestres e reducir os custos de escolarización.
- Enfoques innovadores para superar as necesidades de educación dos nenos refuxiados sirios a través de certificados transferibles para estudantes refuxiados.
- Ampliación dos modelos probados, como a aprendizaxe no fogar, centros de aprendizaxe non formais e espazos amigos da infancia que proporcionan apoio psicosocial aos nenos.