Crise en Siria: 20 nenos morren nunha semana

"A semana pasada en Siria, máis de 20 nenos morreron en ataques aéreos en Manbij e un neno de 12 anos foi brutalmente asasinado fronte a unha cámara en Alepo.

 

Estes horribles incidentes obrigan ás partes en conflitoa enfrontarse á súa responsabilidade compartida de respectar as leis humanitarias que protexen aosnenos nas guerras.
 
Segundo os aliados daONU en terreo, as familias do pobo daal-Tukhar, próximo a Manbij,preparábanse para fuxir das súas casas cando lles sorprendeu oataque.

CRISe EN SIRIA: 35.000 NenOS ATRAPADOS EN MANBIJ

En UNICEF calculamos que35.000 nenos están atrapados enManbij e arredores, sen ningún sitio seguro ao que poder ir. Nas últimas 6 semanas, e a medida que a violencia se intensificou, máis de 2.300 persoasmorreron na zona. Entre elas hai decenas de nenos.
 
Condenamos todas asformas de violencia e urximos a todas as partes enconflito en Siria a evitar a perda devidas civís. 
 
Non importa onde estean osnenos en Siria ou baixo o control de quen vivan. Nada, absolutamente nada, justifica os ataquescontra eles. 
 
Todas as formas de violencia contra os nenos de Siria deben terminar canto antes".
 
Declaración de Hanaa Singer, representante de UNICEF en Siria.