Crise en Siria: "Canto tempo máis imos permitir que os nenos sigan sufrindo?"
"Todo o mundo debería cuestionarse a súa humanidade cando os bebés teñen que ser sacados das súas incubadoras porque os hospitais en Siria están a ser atacados.
Desde UNICEF confirmamos que3 instalacións médicas foron atacadas esta semana
en Alepo. Os hospitais Al Bayan,Al Hamkim -a unha distancia de 300 metros
respectivamente- e a clínica Abdulhadi Fares foron
os afectados esta vez.
O hospital de Al
Hakim, un centro apoiado por UNICEF, é unha das poucas
instalacións sanitarias que aínda proporciona servizos
pediátricos. Este é o segundo ataquecontra este hospital.
Estas devastadoras consecuencias
da guerra en Siria parecen non ter medida. Os
últimos 5 anos de conflito trouxeron traxedias
diarias a millóns de persoas en Siria.
Os nenos, incluso os bebés,
morren ou resultan feridos mentres reciben atención
sanitaria. O persoal sanitario morre ou resulta ferido
mentres fai o seu traballo.
Centos de instalacións
sanitarias que proporcionan atención vital a miles de
persoas foron danadas ou destruídas. Só nas 2 últimas semanas,6 centros de saúde foron atacados no país.
Sen dúbida, isto debe axitar o
compás moral do mundo. Canto tempo máis imos permitir que osnenos de Siriacontinúen sufrindo así?".
Declaración de Peter Salama,
director rexional de UNICEF en Oriente Medio e África do
Norte.