Crise migratoria: é necesario actuar de xeito urxente e coordinado para protexer os nenos
Só se se actúa de xeito rápido e decidido nesta crise migratoria, para aloxar e atender aos nenos, podemos evitar máis mortes e sufrimentos-.
Europa ten a oportunidade, antes de que se achegue o inverno, de protexer e atender ás decenas de miles de nenos que buscan refuxio.
Aproximadamente un cuarto das persoas que buscan refuxio en Europa este ano son nenos. Máis de 106.000 solicitaron asilo no primeiro semestre de 2015, o que supón un 75 por cento máis respecto ao ano pasado.

Nenos refuxiados e migrantes en Europa
Moitos nenos e nenas refuxiados e emigrantes en Europa están a vivir en condicións inadecuadas de amoreamento, expostos a riscos de violencia, explotación e abuso. Moitos están a durmir ao aire libre. A medida que se achega o inverno, a saúde dos nenos máis pequenos corre máis riscos coa ameaza de enfermidades como a pneumonía.
Co crecente número de nenos que viaxan en condicións perigosas a Europa e dentro de Europa, é esencial unha acción decidida, cunha xusta distribución da responsabilidade en toda a Unión Europea. Isto debe incluír a posta en marcha dunha serie de garantías inmediatas para os nenos e as súas familias:

- Centros seguros de recepción para os nenos que chegan, con acceso a servizos de saúde, apoio psicosocial, recreación e educación.
- Máis prazas de reasentamento en toda Europa e visados humanitarios para os nenos e as súas familias. A tramitación dos casos de asilo debe facerse a tempo, e centrarse sempre no interese superior do neno.
- Un compromiso máis forte de reasentar os refuxiados procedentes de países en conflito para reducir a probabilidade de que os refuxiados recorran a rutas inseguras e evitar o contrabando de persoas.
- Intensificar as operacións de busca e rescate en mar e terra.
- Acelerar os programas de reunificación familiar para nenos separados e non acompañados.
- Contar cun número axeitado de especialistas en benestar infantil para atender e orientar aos nenos e as familias.
Esta atención e custodia está recollida na Convención sobre os Dereitos do Neno, que establece a protección de todos os nenos xa sexa cando teñan que fuxir dos seus fogares, no mar, na terra, ou nas beiras dos países de destino.
UNICEF urxe á comunidade internacional a facer fronte ás causas fundamentais deste enorme movemento de nenos desesperados a través de esforzos diplomáticos máis enérxicos para poñer fin aos conflitos, e proporcionar a axuda humanitaria e o desenvolvemento necesarios nos países de orixe.