Crise migratoria: e se 13 millóns de nenos en Europa non puidesen ir ao colexio?

Imaxínaste que 13 millóns de nenos en Europa non puidesen ir ao colexio? E se a isto lle engades a destrución total das infraestruturas, a falta de auga potable, a carencia de servizos médicos e sobre toda, a dor dunha guerra, que cres que pasaría?

 

Esta é a situación na rexión de Oriente Medio e oNorte de África, onde os conflitos e a convulsión política impiden que máis de 13 millóns de nenosvaian á escola. E é tamén unha das razóns que explican por quemiles de persoas decidiron fuxir a Europa.


A través do noso último estudo, Educación baixo o lume, analizamos o impacto que a violencia está a ter nos nenos e nos sistemas educativos de países como Sirya, Líbano, Iraq ouXordania, entre outros.

A destrución das escolas é un dos motivos principais polo que estes nenos non poden ir a clase. Só en
Sirya, Iraq,Iemen e Libia, unhas9.000 escolas deixaron de servir como tal. A maioría están destruídas ou serven como refuxio aos civís desprazados.

CRISe EN SIRyA: o MEDO baleirA AS AULAS DE ALUMNOS e PROFESORES

Onde aínda quedan escolas en pé, o medo baleirou as aulas de profesores e os pais non mandan aos seus fillos a clase, aterrorizados por un posible ataque de camiño ao colexio ou no propio centro.

"Os nenos están experimentando o destrutivo impacto do conflito en toda a rexión", conta Peter Salama, director rexional de UNICEF para Oriente Medio e África do Norte. "Non é só o dano físico que se fixo ás escolas, senón o desespero que sente unha xeración de alumnos que ve as súas esperanzas e futuro esnaquizados".

En Xordania, Líbano e Turquía, países onde se concentran a maioría de refuxiados que foxen da guerra en Sirya, máis de 700.000 nenos sirios non poden ir ao colexio porque ainfraestrutura educativa está sobrecargada e non pode asumir unha carga extra de alumnos.

CRISe EN SIRyA: "NOn VoLvín A CLASE DEnDE QUE EMPEZou A GUERRA"

"Estaba en quinto cando empezou a guerra e non volvín a clase dende entón", di Firas, un mozo refuxiado sirio de 16 anos que vive nocampo de Zaatari, en Xordania.

Para poñer remedio a esta situación, dende UNICEF instamos á comunidade in
ternacional, os gobernos de acollida, o sector privado e outras organizacións a:

  • Ampliar os servizos educativos informais nos que os nenos fóra da escola poidan continuar a súa aprendizaxe.
  • Apoiar aos sistemas nacionais de educación dos países afectados polo conflito para aumentar os espazos de aprendizaxe, contratar máis profesores e subministrar materiais educativos.
  • Apostar polo recoñecemento e certificación dos servizos educativos non formais nos países afectados pola crise deSirya.

O noso informe destaca ademais unha serie de iniciativas que permitan aos nenos seguir estudando mesmo nascircunstancias máis extremas. Non obstante, e a pesar de que os nenos e pais identifican a educación como unha absoluta prioridade, necesitamos máis apoio para poder seguir levándoas a cabo.

Por iso, se queres podes doar para axudar aos nenos de Sirya.