Crise migratoria: triplícase o número de mulleres e nenos que cruzan Macedonia fuxindo da violencia
A crise migratoria en Europa agudízase. Así o demostra o número de mulleres e nenos que cruzan Macedonia fuxindo da violencia dos seus países de orixe en busca de asilo, que se triplicou nos últimos 3 meses.
Calcúlase que unhas 3.000 persoas cruzanMacedonia cada día co obxectivo de chegar áUnión Europea para pedir asilo. Delas, o30% son mulleres e nenos. Ademais, aproximadamente
o 12% das mulleres están
embarazadas.
As familias levan longos meses viaxando baixo o sol abrasador,
transportando só a roupa que levan posta. Moitas veces trasládanse
con nenos moi pequenos que chegan esgotados
fisicamente e necesitan un sitio seguro no que descansar.
A deshidratación, as ampolas, osarrefriados, a diarrea e asqueimaduras solares son os seus principais
compañeiros de viaxe.
CRISE MIGRATORIA EN EUROPA: o 80% DAS PERSOAS PROCEDEN DESIRyA
Estas persoas víronse obrigados a fuxir dos seus países de orixe
debido á inseguridade e a violencia. O 80% estas
persoas foxen da guerra civil enSirya,
mentres que un 5% son de Afganistán e outro5% proceden de Iraq.
Dende o mes de xuño, máis de 52.000 persoasrexistráronse no Centro de Recepción da fronteira
en Gevgelija,
á que entran dende Grecia. Calcúlase que outros
moitos transitan polo país sen rexistrarse.
A longa viaxe está a ter un impacto traumáticonestas persoas e algúns necesitan asistencia
médica. As organizacións traballan a contra o reloxo para
proporcionarlles auga e saneamento, dúas das
necesidades máis urxentes.
Por este motivo, dende UNICEF estamos
a enviar depósitos de auga con capacidade para30.000 litros que
servirá para que as persoas que van chegando teñan acceso aauga potable tanto para beber coma para
lavarse.
CRISe MIGRATORIA EN EUROPA: PROTExER OS DEREitOS DOS NenOS POR rIbA DE TODO
Ademais, imos enviar dúas carpas de 72 metros
cadrados que se utilizarán como espazos para que os nenos
poidan aprender e xogar. Actualmente xa temos unha destas carpas en
funcionamento que, dende a súa instalación o 23 de agosto, xa
recibiu 1.200 nenos. Ademais,
dende UNICEF tamén
estamos a proporcionar aos nenos os alimentos que
necesitan.
Dende UNICEF queremos
recordar que os nenos que se están a desprazar por
Europa deberían recibir unha protección eaxuda axeitadas. Cando soliciten o status
de refuxiado, a súa solicitude debe procesarse rapidamente
nos cruzamentos fronteirizos. Os gobernos europeos
deben aplicar as leis que salvagardan e protexen osdereitos dos nenos en todo
momento.
Dende UNICEF seguimos
cada día a situación en terreo e traballamos coasautoridades locais para garantir aprotección dos nenos. Todas as decisións
relacionadas cos nenos nesta situación deben ter en conta ointerese superior do neno en cada etapa do
camiño.