A crise política en Costa de Marfil causa unha vaga de refuxiados
A crise política desencadeada polas eleccións presidenciais en Costa de Marfil afectará a uns 2,4 millóns de persoas en África Occidental, das que unhas 600.000 poderíanse converter en refuxiadas. Auga potable, vivenda e alimentación, xunto a servizos de protección, saúde e educación, son as necesidades máis urxentes dos numerosos desprazados internos e refuxiados.
Aínda que a día de hoxe a poboación de refuxiados ascende a
entre 20.000 e 25.000, a metade dos cales son mulleres e
nenos,previse que haxa moi pronto 450.000 desprazados
internos en Costa de Marfil e uns 150.000 refuxiados nos seus cinco
países veciños (Liberia, Guinea, Malí, Burkina Faso e
Ghana).
Os asilados viven en fogares de familias de acollida
liberianas. Unha parte importante das comunidades de
acollida xa comezaron sufrir os efectos das demandas que supón a
presenza dos refuxiados.
"Os refuxiados están albergados en polo menos 22 asentamentos,
de tal forma que subministrar a todas esas comunidades auga
potable, instalacións de saneamento e outros servizos constitúe un
desafío bastante difícil, especialmente debido ao mal estado dos
camiños. Facemos todos os esforzos que están ao noso alcance para
prestarlles eses servizos a todas as comunidades coa maior
brevidade posible", sinala Sam Treglown, Especialista en Auga e
Saneamento de UNICEF.
A resposta humanitaria
A Comisión de Repatriación e Reasentamento dos Refuxiados de
Liberia (LRRRC) e o Goberno liberiano, coa colaboración de ONGs,
están coordinando unha resposta humanitaria en distintos frontes. O
obxectivo: garantir que os refuxiados e as comunidades que
lles aloxan reciben os servizos e subministracións que precisan o
máis rapidamente posible. Trátase, fundamentalmente, de
potas, mantas, xabón, mosquiteiras e colchóns.
UNICEF está a cargo da coordinación da resposta en
materia de alimentación, subministración de auga e saneamento, e
protección e educación dos nenos. Para iso, colabora con
varios ministerios liberianos, a ONG Save the Children e outros
aliados da sociedade civil.
UNICEF estima en 20,1 millóns de dólares (14,5 millóns
de euros) os fondos que requirirá durante os vindeiros tres meses
para responder ás necesidades das mulleres e nenos afectados pola
crise en África Occidental. Co diñeiro recibido poderá
ademais garantir unha resposta constante á emerxencia e estar
mellor preparada ante as continxencias que xurdan nestes seis
países.