Día Internacional da Muller: Canto de Muller

Post de Blanca Carazo, Responsable de Proxectos de Cooperación de UNICEF España.

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, que este ano ten como 'Unha promesa é unha promesa: rematemos coa violencia contra a muller'.

En Burkina Faso, UNICEF traballa cunha asociación chamadaChant de Femme (Canto de Muller).


O nome desta asociación ten unha historia interesante. Hai algún tempo, en moitas comunidades de Burkina Faso, as mulleres non podían dirixirse directamente aos homes, falarlles e transmitirlles o que pensaban, se tiñan queixas ou reclamacións, se estaban contentas, anoxadas ou preocupadas, ou se necesitaban algo.


En cambio,mentres moían o paínzo ou o sorgo, rodeadas dos seus fillos, as mulleres cantaban. E neses cantos, expresaban, co fin de que os seus esposos o escoitasen,todo aquilo que non podían dicirdirectamente.


Agora,as mulleres que forman Canto de Muller falan alto e claro. Precisamente, dedícanse a comunicar, a transmitir, non só sentimentos ou preocupacións, senón tamén mensaxes que salvan vidas.


No programa conxunto no que colaboran con UNICEFdan pautas ás nenas e aos nenos, a outras mulleres e tamén aos homes das comunidades, sobre boas prácticas de nutrición, hixiene ou protección da infancia.

Valentine, a Presidenta desta asociación, alza a súa voz para defender os seus dereitos e os dos seus fillos, e contribuír a mellorar as súas vidas. E faino con enerxía e entusiasmo, e tamén con cantos e bailes, se estes serven para expresar a alegría ou para fomentar a participación, a inclusión e os hábitos saudables.

Noutro país, noutro contexto, hai uns meses todos nos estremecemos ante o intento de acalar outra voz, a dunha nena de 13 anos en Paquistán, que levara as súas palabras ao mundo reivindicando o seu dereito e o de todas as nenasá educación. A historia de Malala, a súa coraxe e a súa forza para sobrepoñerse fixéronnos unir as nosas voces nun berro unánime contra a violencia e pola esperanza.

Cada vez máis nenas, cada vez máis mulleres, como Valentine ou como Malala, como tantas outras en todo o mundo, desafían a violencia, a represión, a exclusión, e alzan a súa voz para defender o seu dereito a unha vida mellor.

DendeUNICEF España, a nosa admiración e a nosa homenaxe a todas elas. E a nosa promesa, a de seguir traballando para, en calquera lugar e en calquera situación, rematar con calquera forma de violencia contra a muller, e a de facernos eco, amplificándoas, das súas voces e as súas historias.
 
En todo o mundo...
  • Ata o 50% das agresións sexuais cométense contra nenas menores de 16 anos.
  • Globalmente, 603 millóns de mulleres viven en países onde a violencia doméstica non se considera un delito.
  • Ata o 70% das mulleres de todo o mundo asegura ter sufrido unha experiencia física ou sexual violenta nalgún momento da súa vida.
  • Máis de 60 millóns de nenas son noivas e casan antes dos 18 anos.