Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

Por Sara Collantes, Responsable de Políticas de Infancia e Desenvolvemento de UNICEF Comité Español

Hoxe celebramos o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, un obxectivo crucial para a infancia, porque pobreza e infancia, por desgracia, case sempre aparecen vinculadas.

A pobreza é en si mesma unhaviolación flagrante dos dereitos da infancia. É arrasadora, sobre todo cando é extrema, posto que arruína todos os dereitos dos nenos e nenas que a padecen.

É mesmo capaz de levarse por diante o seu dereito máis básico e elemental, o da vida.18.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que se poden evitar, como unha pneumonía, unha diarrea ou por malaria. Enfermidades de pobres, como comunmente se lles coñece. Porque, se non es pobre ou non vives en países afectados pola pobreza extrema, dificilmente hoxe, en pleno século XXI, se pode concibir que se morra un neno por estes motivos. Eu, polo menos, non coñezo ningún no ámbito no que me movo.

Recentes estudos deUNICEF volven confirmar esta realidade: a renda (do país, da rexión e do fogar) está estreitamente vinculada á supervivencia infantil. Os países máis ricos teñen as taxas máis baixas de mortalidade infantil (6 de cada 1000 nacidos vivos de media; 5 en España). Estas cifras contrastan con algúns dos países máis pobres do mundo, como Angola ou Chad, onde se elevan ata 164 e 150. O drama da pobreza fai que a gran maioría de mortes infantísse concentre nun puñado de países, e dentro deles, nas comunidades máis pobres e marxinadas.

O camiño é claro. Gran parte dos esforzos para rematar coa lamentable eiva damortalidade infantil ten que enfocarse encombater a pobreza, nas súas múltiples caras e variantes: desemprego, desigualdade, escaseza de alimentos axeitados e suficientes, falta de auga limpa e segura, inexistencia ou insuficiencia de asistencia sanitaria, medicamentos e vacinas, ausencia de oportunidades de educación e de protección social...

salvouse a vida de 90 millóns de nenos

Tivemos a oportunidade de corroborar isto na práctica. Dende 1990, grazas a este tipo de accións, salvouse a vida de 90 millóns de nenos, que puideron celebrar o seu quinto aniversario.

Este 17 de outubro invítasenos a tomar conciencia de que a pobreza non é inevitable nin abstracta: ten consecuencias verdadeiramente atroces e amargas, como as que describimos. E era só un exemplo. Serio, moi serio, pero un exemplo. Hai moitos máis. Quen non coñece algún? E sobre todo, nestes tempos que corren...

Todos xuntos podemos loitar contra a pobreza infantil

Por iso, ante a pobreza que temos preto e que temos lonxe só cabe dicir BASTA e comprometernos no noso día a día para derrubala. Aínda que sexa lóxico e humano sentirse interpelado pola realidade máis próxima (non esquezamos que a taxa de nenos en risco de pobreza en España se sitúa xa en torno ao 27%), a pobreza contra a que berramos hoxe é un asunto sen fronteiras que nos leva a dicirlle aos representantes políticos, as administracións, as empresas e a toda a sociedade, aquí e en calquera parte, que hai unha serie de liñas vermellas que non se poden superar por moita crise que haxa e por moitas medidas de contención do déficit que sexan necesarias adoptar.

O desfrute dos dereitos máis elementais da infancia, de todos os nenos do mundo sen distinción (como di o noso referente, a Convención sobre os Dereitos do Neno) non son prescindibles en tempos de crise.

Por iso, é tamén un bo día para recordar unha serie de liñas vermellas de contención que propoñemos, non para facer de tope ao déficit, senón á pobreza e a exclusión:
 
  • Ningún neno nin nena sen dereito a sobrevivir.
  • Ningún neno sen acceso aosalimentos e elementos materiais necesarios e axeitados para o seu desenvolvemento.
  • Ningún neno sen unha vivenda digna.
  • Ningún neno sen un acceso completo e en igualdade de oportunidades á educación.
  • Ningún neno sen acceso a unha sanidade de calidade e en igualdade de condicións.
  • Ningún neno sen a protección adecuadaante o desamparo ou a violencia.