Día Mundial da Malaria: o uso de mosquiteiras
A malaria segue matando preto de 660.000 persoas cada ano, na súa maioría nenos e nenas africanos. A cobertura universal de mosquiteiras tratadas con insecticida é clave para lograr avances contra a malaria, unha das enfermidades máis mortíferas para a infancia.
Xunto aos seus aliados, UNICEF realiza tarefas de promoción e apoia os gobernos na distribución gratuíta de mosquiteiras tratadas con insecticida, especialmente as de longa duración. Cando se logra a cobertura universal -unha mosquiteira por cada dous persoas-esta medida simple e eficaz pode reducir a mortalidade infantil nun 20%.
En 2004 había só5,6 millóns de mosquiteiras en África
subsahariana. Ata hai pouco, debido á escasa competencia
entre os produtores, as mosquiteiras eran moi caras para poder
ampliar a súa distribución. Non obstante, cara a 2010, as compras
ao por maior, as adquisicións conxuntas, a mellora do financiamento
e a ampliación da capacidade de fabricación en África levou
a que a cifra aumentase a 145 millóns. Un enfoque sostido
e centrado nunha alta cobertura con esta eficaz
intervención contra a malaria contribuíu en boa medida a que se
salvasen 1,1 millóns de vidas e á redución nun
terzo das taxas de mortalidade por malaria en África dende o ano
2000.
Máis de 1.500 nenos morren cada día por malaria
Un tratamento de tres días cura as infeccións por malaria, sobre todo se o caso se diagnostica a tempo e se trata axeitadamente, en particular con terapias combinadas baseadas na artemisinina. Pero moitos nenos, especialmente en África, seguen morrendo de malaria, xa que non dormen baixo mosquiteiras tratadas con insecticida e non poden acceder ao tratamento necesario durante as primeiras 24 horas despois da aparición dos síntomas.
UNICEF apoia os esforzos nacionais para capacitar os traballadores sanitarios da comunidade e proporcionarlles ferramentas simples, como as probas de diagnóstico rápido da malaria para que os nenos reciban a medicina rapidamente cando sexa necesario. Non obstante, a proporción de nenos tratados que reciben un tratamento de primeira liña en África, como aartemisinina, é inferior ao 30% na maioría dos países.
UNICEF traballa para chegar aos nenos máis vulnerables
Estímase quedurante a última década se repartiron as suficientes mosquiteiras para cubrir o 80% das necesidades de África subsahariana. Moitas mosquiteiras están a chegar non obstante ao final da súa vida útil e deben ser substituídas. Os países que xa reduciran a súa prevalencia de malaria nun 50% poden sufrir un rápido aumento dos casos e das mortes por malaria se as mosquiteiras xa deterioradas non se substitúen.
A loita contra a malaria non só salva as vidas dos nenos, senón que tamén proporciona moitos outros beneficios económicos e sanitarios ás comunidades afectadas. Por exemplo, a redución da malaria mellora a saúde das mulleres embarazadas e dos seus recén nacidos, e, polo tanto, reduce o absentismo escolar e laboral. A eliminación da malaria reduce a carga dos centros de saúde conxestionados. Estímase que, en África, o retorno por cada dólar gastado na loita contra a malaria é 40 veces maior ao investimento.