Día Mundial do Refuxiado: máis de 7 millóns de nenos

Segundo o novo informe de ACNUR, máis de sete millóns de nenas e nenos son refuxiados no mundo. O desprazamento forzoso mundial en 2012 foi o máis alto que houbo durante os últimos 18 anos.

En total, máis de 45,2 millóns de persoas víronse obrigadas a fuxir dos seus fogares por distintos motivos, incluídos 15,4 millóns de refuxiados, 937.000 solicitantes de asilo e 28,8 millóns de persoas que se desprazaron dentro das súas propias fronteiras.
A vida como refuxiado é particularmente difícil e traumática para os nenos. Négaselles a seguridade dun fogar, a escola e a paz. A miúdo son testemuñas da violencia e están suxeitos aos abusos e a condicións de vida terribles, enfrontándose a un futuro incerto.
o NÚMERO DE DESPrAZADOS é o MÁiS ALTO EN MÁiS DE duaS DÉCADAS
Durante 32 anos, o conflito en Afganistán obrigou á maioría da poboación a abandonar os seus fogares. Somalia ocupa o segundo lugar, seguido por Iraq e a República Árabe Sirya.
O número de persoas desprazadas no interior dos seus propios países, 28,8 millóns en 2012, é omáis alto en máis de dúas décadas. Os dous países máis afectados son a República Democrática do Congo e a República Árabe Sirya.

"Ás veces córtannos a auga e non hai luz en absoluto", di Isra Masri, de 12 anos, que vive no campamento de Al Bab Salama na fronteira sirio-turca.

Segundo ACNUR, o número de nenos que están sós ou separados da súa familia tamén encóntrase nun máximo histórico. Dise que 21.300 solicitantes de asilo en 2012 foron nenos.
"é Moi DIFÍCIL A VIDA AQUÍ"
UNICEF traballa en estreita colaboración con ACNUR para satisfacer as necesidades dos refuxiados e as persoas desprazadas. As axencias aliadas proporcionan auga e saneamento, educación, protección e nutrición infantil.

UNICEF tamén financia programas que ofrezan aos nenos unha saída creativa, como a fotografía.

"A través das miñas imaxes, quero mostrar aos demais a atmosfera no campo e que é moi difícil vivir aquí ", di Amja Belini, de 18 anos, quen vive no campamento de refuxiados deZa'atari en Xordania.

Arredor do 8 por cento da poboación de Xordania agora é de refuxiados sirios. Debido a que unha carga desproporcionada para acoller os refuxiados recae sobre os países en desenvolvemento, UNICEFtamén traballa coas comunidades de acollida para asegurarse de que teñan os recursos para facerlle fronte.